Nas nosas bibliotecas temos gran variedade de xogos. Desde clásicos como o xadrez e a oca ata xogos modernos para todos os intereses. Desde xogos en solitario e cooperativos ata xogos de estratexia, de rol, de memoria... e moito máis!
Xogos para todos os gustos e todas as idades nas bibliotecas Ágora, Durán Loriga, Fórum e Os Rosales.
Como buscar no catálogo?
Vas a unha festa con amizades e apetéceche levar un xogo? Tes vinte minutos e queres desconectar? Na sección "por contexto" dámosche as chaves para atopar os xogos que necesitas. Se o teu son os xogos de preguntas e respostas ou se prefires a estratexia ou os roles ocultos, dentro de "por mecánica" tes toda a información que precisas. Xogos de fichas, de dados, de cartas ou de taboleiro recóllense dentro de "por compoñentes".
Usa os termos "xogos de mesa" para recuperar todos os xogos dispoñibles nas bibliotecas.
Se fas unha busca e seleccionas un dos xogos que che aparecen nos resultados chegas á ficha dese xogo. Premendo no botón "máis información", poderás ver as idades recomendadas, os compoñentes do xogo, a duración das partidas e nalgúns casos, unha ligazón a un titorial en liña.
Leva os xogos a casa
Existe a opción de levar en préstamo os xogos de mesa. Se queres saber as condicións, pica a ligazón do teu interese:
Clasificación dos xogos
4 resultados
Dende o 01/01/2025 ás 10:30 ata o 31/12/2025 ás 13:30 , os sábados
Das 10.30 a 13.30 h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible