Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club dixital

Club dixital

Que é o Club Dixital?

Do 03 de febreiro ao 11 de abril

Inauguramos unha nova actividade, O Club Dixital, unha iniciativa dentro do programa de Formación en Competencias Dixitais, deseñada para que adquiras, paso a paso, os coñecementos clave para navegar con seguridade, autonomía e eficiencia no mundo dixital actual.

É un percorrido práctico e amigable polo universo dixital, pensado como unha viaxe de aprendizaxe compartida onde, a través de 20 sesións, exploraremos ferramentas, aplicacións e recursos que nos axudarán a mellorar o noso día a día. Desde a organización de información ata a edición de imaxes, o obxectivo é proporcionarche as competencias necesarias para unha vida conectada.

Que aprenderás?

Entre outras moitas cousas, nesta viaxe dixital aprenderás:

  • Técnicas de busca e organización de información veraz.
  • Configuración personalizada de dispositivos.
  • Xestión de reservas, adquisicións e prestación de servizos dixitais.
  • Boas prácticas para protexer a túa identidade e privacidade en liña.
  • Uso de mapas, localizacións e exploración dixital.
  • Captura, edición e envío de imaxes.
  • Xestión e programación de tempos e axendas.
  • Comunicación e participación en espazos dixitais.
  • Trámites oficiais e privados en liña.

Datas e Lugar

Club Dixital Forum

  • Do 5 de febreiro ao 11 de abril.
  • Todos os mércores e venres.
  • Horario: 10:00 a 13:00.

Club Dixital Os Rosales

  • Do 3 de febreiro ao 9 de abril.
  • Todos os luns e mércores
  • Horario: 10:00 a 13:00.

Inscrición

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Non deixes escapar esta oportunidade única para mellorar as túas competencias dixitais!

Únete ao Club Dixital e fai da tecnoloxía unha aliada no teu día a día!

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión