Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

As/os profesionais

Bibliotecaria rindo falando por teléfono

Belén, da Biblioteca Castrillón

Vocación de servizo público, compromiso social e construción cívica

Un equipo de máis de 90 profesionais á túa disposición para axudarche, aconsellarte, guiarte, informarte. Persoas abertas a escoitar as túas necesidades e demandas e a mellorar coas túas ideas e suxestións.

Oficinas de coordinación. Directorio

Estas somos as persoas que, desde o Servizo Municipal de Bibliotecas, coordinamos e lle damos soporte ao conxunto de bibliotecas:

  • Isabel Blanco Pardo: Dirección da Rede
  • María Esperón Rodríguez: Administración e xestión económica
  • Carmen Silva Carlés: Instalacións e equipamentos
  • M.ª Jesús Gómez Cotrofe: Apoio á xestión económica e administrativa
  • Elena Pernas Lázaro: Planificación, avaliación e servizos técnicos
  • Benito Eiroa Morás: Apoio operativo
  • Diego Maseda Seco: Servizos de apoio técnico e operativo e Ferramentas tecnolóxicas
  • Catalina Franco Martínez: Colección
  • Catuxa Seoane García: Comunicación externa, redes sociais e páxina web
  • Berta Picado Redondo: Actividades de promoción lectora e visibilidade
  • Julio Pesquero Murillo: Actividades de formación, aprendizaxe e cómic
  • María García Feijóo: Comunicación interna, procesos de traballo e xestión da documentación
  • Marta Sánchez Pérez: Apoio operativo

Bibliotecas. Directorio

Nós traballamos cos nosos equipos en cada unha das bibliotecas da rede municipal:

  • Cristina Ameijeiras Saiz, Biblioteca Ágora
  • Belén Solleiro Díaz, Biblioteca Castrillón
  • M.ª Milagros García Pérez, Biblioteca Estudos Locais
  • Mercedes Conchado Aradas, Biblioteca Fórum
  • Mercedes Cerdeiras Uría, Biblioteca Infantil e Xuvenil
  • M.ª Jesús Teijo Gómez, Biblioteca Monte Alto
  • Anabel Cardiel Callejero, Biblioteca Os Rosales
  • Enrique Rodríguez Ordóñez, Biblioteca Sagrada Familia

O alumnado en prácticas

Cada ano recibimos estudantado que escolle as bibliotecas para realizar as súas prácticas profesionais. É un pracer compartir con elas e eles a súa primeira experiencia no ámbito laboral e ensinarlles o que sabemos. Nós tamén aprendemos das súas preguntas e da súa mirada renovada sobre o que ofrecemos e como o facemos.

Diversos centros de ensino superior universitario e de formación profesional visitan cada ano as bibliotecas como parte do seu contido curricular e porque as bibliotecas complementamos así a formación académica coa práctica nos nosos centros. Os ciclos formativos de Educación Infantil, ou Animación sociocultural, así como as especialidades da UDC de CC de Educación (infantil e primaria), así como Educación Social e Biblioteconomía, son algúns exemplos.

Se tes interese en participar co teu alumnado nalgunha visita, ou propoñer calquera das bibliotecas para a formación en prácticas de alumnos de FP ou master, só tes que solicitárnolo. Estaremos encantadas/os de recibirte.

A comunidade

Persoas usuarias das bibliotecas

Estas son algunhas das persoas que visitan as bibliotecas

Veciños e veciñas da Coruña. Traballamos para eles e con eles, individuos e colectivos.

Queremos que calquera persoa ou grupo da comunidade poida atopar na biblioteca un espazo de relación, comunicación, aprendizaxe e lecer adaptado ás súas necesidades. Axúdanos a construílo: visita as bibliotecas, utiliza os seus servizos e proponnos as túas ideas.

As persoas voluntarias

Enrique, Mª José, Natalia, Manuel, Rosa, Juan, Teresa, Pilar... decidiron compartir o seu tempo, as súas habilidades e entusiasmo e colaboran connosco como voluntarios/as achegando a biblioteca a aquelas persoas con mobilidade reducida, mediante o préstamo a domicilio e asumindo labores de alfabetización dixital, educación para persoas adultas, dinamización de grupos de práctica de idiomas e clubs de lectura. Admiramos o seu altruísmo e o agarimo que poñen en todo. Algunhas destas persoas quedan connosco moito tempo, coma Enrique que, despois de máis de dez anos, é todo un veterano e un exemplo para todos. Moitas grazas. Aprendemos cada día de vós.

Podes coñecer máis sobre estas persoas nos Retratos comprometidos.

As persoas usuarias

O grande atractivo das bibliotecas municipais da Coruña é que son espazos plurais cun público diverso en idades, procedencias, formación, opinións, sensibilidades, intereses,... e reciben miles de visitas, cada día, de persoas que, soas ou en grupo, buscan e fan cousas moi diferentes.

Aínda así seguímonos esforzando cada día para que todos os veciños e veciñas da Coruña saiban que as bibliotecas lles poden axudar a exercer dereitos cívicos básicos: información, participación, igualdade de oportunidades, formación permanente, diversidade e diferenza, acceso á cultura. Descubre o que che ofrecen as bibliotecas.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión