Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Biblioteca Municipal Castrillón

Exterior da Biblioteca Municipal Castrillón

Visita o álbum de fotos desta biblioteca

Enderezo:

Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Teléfono:

981 184 390

Fax:

981 184 391

Páxina web:

http://www.coruna.es/bibliotecas

Horario

Inverno

  • Luns e martes: de 16.00 a 20.30 h
  • Mércores e venres: de 9.30 a 14.30 h e de 16.00 a 20.30 h
  • Xoves: de 9.30 a 17.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

Como chegar?

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 1 - Liña 12A - Liña 14

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca?

Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.

Dispón de múltiples materiais para levar en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos...

Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrecen esta biblioteca e as demais da rede

Máis información

A Biblioteca Municipal Castrillón abriu as súas portas en 1996 e en 2008 ampliou as súas instalacións. Na actualidade conta con dúas plantas e un total de 1.200 metros cadrados.

A biblioteca ofrece todos os seus servizos nunha ampla zona xeográfica cun volume de poboación que supera os 19.000 habitantes, o que supón case un 8% da poboación total da cidade.

A biblioteca está situada no centro do barrio e comparte edificio co Centro Cívico de Castrillón. Dá servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa área de influencia e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso á información, á formación e ao coñecemento doutras formas de oficio.

Consulta as cifras desta e doutras bibliotecas

Un día na Biblioteca Castrillón

Busca no catálogo

Próximas actividades nesta biblioteca

  • Obxectivo Bibliotk: primeiro bloque

    Cando:

    Os días 01/10/2020 á 01:00 , 15/10/2020 á 01:00 , 29/10/2020, 12/11/2020, 26/11/2020

    Actividade quincenal

    Inscricións:

    Dende o 30/09/2020 ata o 08/10/2020

    Require inscrición, renovable por trimestres

    Horario:

    De 17:00 a 18:30 h

  • Merendas con contos: Un nacemento especial

    Cando:

    05/11/2020

    Inscricións:

    Dende o 29/10/2020 ata o 05/11/2020

    Require inscrición

    Horario:

    De 18:00 a 19:00 horas

  • Merendas con contos: A noite

    Cando:

    19/11/2020

    Inscricións:

    Dende o 12/11/2020 ata o 19/11/2020

    Require inscrición

    Horario:

    De 18:00 a 19:00 horas

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión