Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

O Pensatorio

O PENSATORIO é o nome satírico que Aristófanes lle da á escola na que supostamente ensinaba Sócrates na súa comedia 'As nubes', unha obra na que se burlaba dos novos filósofos da Atenas clásica e as súas extravagantes ideas.

Nós reapropiamonos con humor da palabra para denominar así ao noso café filosófico e ao seu fondo asociado neste centro de interese como reivindicación do legado do sabio grego que só sabía que non sabía nada.

A quen se dirixe?

A todo aquel que teña inquedanzas, espírito crítico e ganas de cuestionarse as cousas a través da lectura das últimas novidades de divulgación filosófica ou dos grandes clásicos de toda a vida

Obxectivos

O obxectivo principal é facilitar aos usuarios o acceso a un fondo especializado en filosofía e temáticas afins, centrado na actualidade e grazas ao cal poidan estar ao día das principais ideas en pensamento crítico e humanidades, sen esquecer a divulgación científica.

Que materiais podo atopar

Dende o punto de vista dos xéneros, recursos de todo tipo relacionados co pensamento filosófico: obras clásicas, ensaio, divulgación, biografías intelectuais, narrativa filosófica, etc. Dende o dos contidos, tamén materiais diversos: filosofía xeral, filosofía política, filosofía da ciencia, ética, teoría do coñecemento, biografía intelectual, filosofías orientais, etc. Unha selección pequena pero moi completa!

Podes atopar todos os libros deste centro de interese no catálogo en liña. Non esquezas que se o material que queres está noutra biblioteca podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo.

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión