Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Cine

"Cine" é un centrreo de interese propio da Biblioteca Fórum Metropolitano. Este centro de interese xorde debido á existencia de dúas salas de cine con programación estable no edificio do Forum. Este feito levounos a prestar unha especial atención á colección correspondente a esta materia.

O centro de interese de cine pretende converterse nun espazo de referencia para cinéfilos ademáis de divulgar a carteleira cinematrográfica das películas que se están a proxectar nas Salas Marilyn e Fernando Rey do edificio.

Alberga unha gran variedade de publicacións sobre distintos aspectos do mundo do cine e a industria cinematográfica. Ademais podese completar coa sección de películas,"Donativo Pawley", que inclúe películas de autor e de difícil localización a través das canles de comercialización habituais.

A quen se dirixe?

  • Aqueles usuarios cun interese específico sobre o mundo do cine e a industria cinematográfica. 
  • Usuarios habituais da programación de cine do edificio.
  • Persoas que acoden aos clubs de cine que oferta o Programa Lecer do Fórum Metropolitano.

Que materiais podo atopar

Este centro está formado por todos aqueles documentos que conteñen información relacionada co mundo do cine, desde a teoría cinematográfica ata os guións:

Podes atopar todos os libros deste centro de interese no catálogo en liña. Non esquezas que se o material que queres está noutra biblioteca podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión