Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Clubs. Obradoiros
Público adulto
Require inscrición
En que consiste o club de teatro lido?
O club de teatro é un grupo de persoas que se reúne semanalmente na biblioteca Sagrada Familia para traballar arredor do mundo teatral. Ao longo da hora e media que dura cada sesión, o grupo aprende e practica técnicas de teatro, fundamentalmente teatro lido ou teatro radiofónico, pero tamén de expresión corporal. O resultado final do traballo do curso será unha montaxe audiovisual nun formato adaptado para a súa distribución nas redes.
Todo o proceso desenvólvese nun ambiente lúdico, primando sobre todo a diversión e adaptando o traballo ao nivel e gustos de cada persoa participante.
Onde e cando
Biblioteca | Día | Hora |
Biblioteca Sagrada Familia | Xoves | 18.30 - 20 horas |
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible