Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos de español para persoas estranxeiras

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De setembro a xaneiro e de febreiro a xuño. Semanal

¿En que consisten os cursos de español para persoas estranxeiras?

Estas clases están destinadas a persoas estranxeiras de orixe non hispana que teñan dificultades para comunicarse en español. O seu obxectivo é unha mellora no manexo lingüístico das situacións cotiás e un achegamento, a través do idioma, á cultura local.

As clases teñen unha periodicidade bisemanal e unha duración dunha hora cada unha.

Como participar

  • As clases organízanse en dous cuadrimestres: de setembro a xaneiro e de febreiro a xuño.
  • As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse para cada cuadrimestre na propia biblioteca de forma presencial.
  • A inscrición supón un compromiso regular de participación, para o que levará un control de asistencia.

Onde e cando

Lugar Día Día semana Hora
Biblioteca Municipal Sagrada Familia Grupo I Martes e xoves 18.00 a 19.00
Grupo II Martes e xoves 19.00 a 20.00
Biblioteca Municipal Ágora Grupo I Martes e xoves

16.00 a 17.00

Grupo II Martes e xoves 17.00 a 18.00

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Próximos Cursos de español para estranxeiros

  • Clases de español para persoas estranxeiras

    Cando:

    Dende o 15/09/2026 ás 15:14 ata o 17/12/2026 ás 15:19 , os martes e xoves

    Inscricións:

    Dende o 01/09/2025 ata o 15/09/2025

    • Inscrición presencial na Biblioteca Sagrada Familia
    • A inscrición supón un compromiso regular de participación, polo que se levará un control de asistencia.
    • O día de comezo das clases (15 setembro) realizarase unha proba de nivel para a asignación de grupo.

    Horario:

    Martes e xoves

    • Grupo I: de 17.00 a 18.00 h
    • Grupo II: de 18.00 a 19.00 h

    Enderezo:

    Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Baixo. 15007 A Coruña

  • Clases de español para persoas estranxeiras

    Cando:

    Dende o 15/09/2026 ás 15:14 ata o 17/12/2026 ás 15:19 , os martes e xoves

    Inscricións:

    Dende o 01/09/2025 ata o 15/09/2025

    • Inscrición presencial na Biblioteca Ágora.
    • A inscrición supón un compromiso regular de participación, polo que se levará un control de asistencia.
    • O día de comezo das clases (15 setembro) realizarase unha proba de nivel para a asignación de grupo.

    Horario:

    Martes e xoves

    • Grupo I: de 16.00 a 17.00 h
    • Grupo II: de 17.00 a 18.00 h

    Enderezo:

    Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión