
O orgullo atravesa o noso labor diario.
Como bibliotecarias, vemos as diversidades sexuais e de xénero cada día. Nos mostradores, nas salas e mesas das bibliotecas, nas rúas... e, por suposto, dámoslles o seu espazo no momento de deseñar e de prestar servizos e actividades.
Cando afirmamos que o orgullo atravesa o noso labor diario, non é unha expresión baleira, xa que desde 2009, a raíz dunha formación realizada co asesoramento dunha asociación local, o persoal bibliotecario achegouse ás diversidades coñecendo de primeira man as necesidades do colectivo LGTB.
Tras iso, naceu a iniciativa "As municipais entenden" (2012) e convertemos nun dos selos das BMC a aposta pola visibilidade e normalización do colectivo LGTB+ nos nosos centros desde unha óptica transversal, apoiando, difundindo e garantindo o dereito da cidadanía ao acceso da cultura intrinsecamente queer.
En que consiste a iniciativa?
No marco da iniciativa, realizamos unha análise da presencia das diversidades nas bibliotecas que derivou na detección dunhas necesidades concretas que afectaban tanto ao fondo bibliográfico, como aos servizos e actividades.
Tras esta fase de análise, perfiláronse as distintas tarefas que era preciso abordar e desenvolvéronse os traballos. Podes ampliar información no vídeo e no informe que achegamos, realizados en 2023.
Así, nunha década, o impulso a esta forma de facer transformouse en metodoloxía, unha dinámica e cultura organizativa que empezou a impregnar cada parte do noso quefacer diario, dando o seu espazo ás diversidades sexuais e de xénero de maneira activa.
Reavaliación tras unha década de traballo
En 2023 a iniciativa reavalíase para trazar novas e máis actualizadas liñas de actuación que dean cumprida resposta ás necesidades dunha sociedade e un colectivo que xa non son os mesmos que no ano 2012.
Como resultado desta avaliación organízase un equipo de traballo de Cultura LGTB integrado por persoas de distintas bibliotecas da rede que comeza a súa andaina en xaneiro de 2024 e cuxa primeira tarefa foi analizar a situación actual, validar os logros acadados e corrixir as posibles desviacións.
Liñas de traballo actualizadas
Desde ese momento, darase prioridade a unha serie de liñas de traballo de xeito inmediato:
Logros alcanzados
A día de hoxe, podemos destacar unha serie de logros exemplificativos e recoñecementos ao respecto da presencia da cultura LGTB nas BMC.
Recoñecementos
En canto a recoñecementos, ademais de distinguirse a iniciativa en medios de comunicación en diversas ocasións, sinalar que o club de lectura QUEERuña, froito desta iniciativa, recibiu en 2025 o XXI Premio Elisa e Marcela, que concede o colectivo ALAS Coruña.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible