Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Colección Padín Viaño. Picasso

Detalle da publicación "El primer Picasso"

Picasso foi, sen dúbida, un dos máis grandes artistas do século XX. A súa arte abraia ao mundo dende fai máis de cen anos.

Este feito, con todo, non xustificaría en por si que unha biblioteca como a de Estudos Locais contase cunha colección sobre el, se non fose porque este xenio viviu na Coruña catro anos, entre 1891 e 1895.

Ademais, foi na Coruña onde comezou a estudar Belas Artes e a formarse na arte pictórica grazas aos ensinos do seu pai, José Ruíz Blasco; onde entrou en contacto con artistas da talla de Isidoro Brocos e onde realizou as súas primeiras exposicións da man do ex -ministro da Primeira República e amigo da familia, Don Ramón Pérez Costales.

A Casa Museo Picasso, lembra o seu paso pola cidade.

Este vínculo de Picasso coa Coruña levou á Biblioteca a aceptar a doazón da Colección Picasso que a Familia Padín-Viaño doou en 2009.  Esta colección consta de máis de cen títulos que, unidos aos que xa posuía  a biblioteca, contribúen, dunha forma máis completa e rigorosa, ao coñecemento e difusión dos temas locais, neste caso, da man dese "rapaz coruñés nacido en Málaga" do que fala D. Ángel Padín, gran estudoso de Picasso, e máis concretamente, da súa etapa coruñesa.

O 7 de xuño de 2010 celebrouse no Concello da Coruña o acto oficial de entrega da doazón, que contou coa presenza de D. Ángel Padín, hoxe xa tristemente desparecido.

A Biblioteca editou esta publicación que recolle información sobre a colección:

A doazón, en vídeo

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión