Novo ciclo de encontros participativos do programa Biblioteca Verde
As Bibliotecas Municipais da Coruña volven apostar pola concienciación ambiental coa nova edición do programa Biblioteca verde: encontros participativos , unha proposta que combina divulgación, ciencia, participación cidadá e cultura para achegar á comunidade os grandes desafíos ecolóxicos do noso tempo.
Este ano centramos o foco nas múltiples manifestacións da emerxencia climática, desde os impactos sobre os ecosistemas e a biodiversidade ata as consecuencias directas en sectores como o pesqueiro, clave na identidade e economía galegas. A través de obradoiros, conferencias e encontros con especialistas, exploraremos tamén as solucións baseadas na natureza, aquelas que nos permiten restaurar, adaptarnos e mellorar a nosa convivencia co medio dun xeito sostible.
Con actividades pensadas para diferentes idades e públicos, queremos facer da biblioteca un espazo de reflexión e aprendizaxe compartida, onde a información e a acción se dean a man. Porque coñecer é o primeiro paso para coidar, e cada pequeno cambio pode contribuír a un futuro máis xusto e respectuoso co planeta.
Actividades Destacadas
Actividades segundo semestre 2025
Onde E Cándo?
As actividades tendrán lugar nas distintas bibliotecas municipales. Consulta o noso calendario para coñecer datas e ubicacións específicas.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible