Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Delicatessen

Delicatessen: dise dos alimentos selectos.

O centro de interese Delicatessen está formado por un conxunto de libros exquisitos que se atopan na Biblioteca Castrillón e na Biblioteca Durán Loriga. Con eles queremos darche a coñecer unhas cantas editoriais (Mediavaca, Libros del Zorro Rojo, Lóguez, Ediciones Ekaré, Bárbara Fiore... ) que publican pequenos Delicatessen para saborear sen présas: libros marabillosos especialmente coidados na súa edición, formato e ilustración. 

A quen se dirixe?

Á inmensa minoría. Así dedicaba Juan Ramón Jiménez os seus libros de poemas e así dedicamos nosoutras os nosos Delicatessen. Á inmensa minoría, tanto nenas e nenos coma persoas adultas, a todas aquelas que gustan dos libros para tocar, ver e ler.

Obxectivos

Este centro de interese ten un obxectivo moi claro: darlle un lugar especial a uns libros exquisitos que merecen ser lidos, observados e gozados, e que de non estar neste centro de interese en moitos casos quedarían perdidos no medio do fondo da biblioteca, como pequenos tesouros nunca descubertos. 

Coa creación de Delicatessen tamén queremos poñer en valor a ilustración e a súa importancia na literatura para calquera idade, xa que en moitas ocasións asociámola unicamente aos libros infantís. Neste centro de interese poderás atopar grandes obras ilustradas destinadas para un público xuvenil e adulto. Nunca é tarde para descubrir e deixarse asombrar polo mundo dos álbumes ilustrados.

Que materiais podo atopar

Neste centro de interese poderás atopar mais de 200 libros moi especiais. Todos os libros do mundo son únicos, pero en Delicatessen están todas aquelas obras que teñen un atractivo especial que as fai desacar sobre as demais. Aquí verás libros para todas as idades. Os álbumes ilustrados son libros dos que poderás gozar dende os 0 ata os 100 anos.

Podes atopar todos os libros deste centro de interese no catálogo en liña. Non esquezas que se o material que queres está noutra biblioteca podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión