Aínda que nacida en Santander, Elena Quiroga sempre estivo moi vencellada a Galicia, concretamente a Compostela e A Coruña, sendo unha das figuras máis destacadas da literatura española de posguerra. A súa obra caracterízase pola profundidade psicolóxica dos personaxes e a exploración da memoria e da infancia.
Nacida en Santander en 1921 pero vencellada profundamente a Galicia -onde pasou a súa infancia e mocidade-, Elena Quiroga destacou pola súa capacidade para explorar as emocións humanas a través dunha prosa delicada e introspectiva. A súa obra aborda con frecuencia a vida interior das mulleres e dos nenos, así como os silencios familiares, as feridas da posguerra e a complexidade da memoria.
Publicou a súa primeira novela con só 20 anos (La soledad sonora, 1949). Ao longo da súa carreira, escribiu máis dunha ducia de novelas, entre as que destacan La sangre (1952), Algo pasa en la calle (1954) ou Tristura (1960), ambientada en Galicia e considerada unha das súas obras máis logradas.
A súa escrita, precisa e contida, non encaixaba nos moldes do realismo social dominante, pero iso non lle impediu acadar un lugar relevante na historia literaria.
Recoñecemento e traxectoria institucional
O seu talento foi recoñecido moi cedo: en 1950 foi galardoada co Premio Nadal, un dos máis prestixiosos das letras españolas, pola súa nivela "Viento del Norte" unha novela ambientada en Galicia que a consagrou como escritora.
Converteuse na segunda muller en ingresar na Real Academia Española, despois de Carmen Conde, tomó posesión o 8 de abril de 1984 ocupando a letra acun discurso titulado Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro. Este fito non só destacou a súa destreza literaria, senón que tamén representou un paso simbólico cara á inclusión das mulleres nas institucións culturais máis influentes do país.
En 1990, a Xunta de Galicia outorgoulle a Medalla Castelao pola súa obra literaria e a dedicación que sempre demostrara a Galicia.
Malia non estar ligada aos círculos mediáticos, mantivo unha traxectoria constante e respectada, cunha voz propia que deixou pegada no sistema literario español.
Retirada e falecemento
Afastada dos círculos mediáticos, repartiu os seus últimos anos entre Madrid e o pazo de Cea, en Nigrán (Pontevedra), onde sufríu unha caída que lle provocou unha fractura de cadeira. Tras ser hospitalizada na Coruña, faleceu o 3 de outubro de 1995 aos 74 anos, debido a un fallo e encefalopatía hepática. Os seus restos descansan no panteón familiar de Villafranca del Bierzo.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible