Do 13 de xaneiro ao 7 de abril
"Por un rural vivo: a importancia das comunidades rurais" é o novo Ciclo Temático que que abordaremos durante o primeiro trimestre do ano 2025 na Biblioteca Fórum Metropolitano para dar visibilidade ao mundo rural.
O 20% da poboación vive no medio rural e custodia o 80% do territorio. Produce os nosos alimentos, coida os nosos bosques e conserva a diversidade paisaxística. A cultura rural caracterizouse pola xestión do espazo vital ao redor dos ciclos naturais. Como resultado temos ricos ecosistemas e espazos naturais conservados que sosteñen as nosas necesidades vitais.
Neste ciclo temático queremos poñer o foco en tres eixes principais:
1. Un rural próspero e sostible é vital nos tempos actuais por razóns ambientais. Garantir a prosperidade e sustentabilidade das áreas rurais non só a quen alí vive, senón que tamén contribúe a un futuro máis equilibrado e sostible para todas as persoas. As áreas rurais son vitais para a conservación de recursos naturais e a biodiversidade. Promover prácticas agrícolas e gandeiras sostibles, que non só protexen o medio ambiente, senón que tamén contribúen á mitigación do cambio climático.
2. O desenvolvemento do rural implica un crecemento económico sostible e equitativo das comunidades rurais. Promover a creación de novas oportunidades de emprego e emprendemento en sectores como o turismo rural, a artesanía e a produción local.
3. As comunidades rurais son portadoras dun rico patrimonio cultural e tradicións ancestrais. É fundamental que as tradicións e coñecementos locais se transmitan ás xeracións futuras. A conservación da identidade cultural é fundamental para o tecido social e para manter a diversidade cultural dunha nación.
Todas estas cuestións, fan que, neste ciclo temático, destaquemos o protagonismo activo das comunidades rurais para o desenvolvemento do rural, así como o empoderamento dos seus habitantes como axentes de cambio na xeración de oportunidades económicas, humanas e de progreso.
O ciclo ven acompañado dunha mostra bibliográfica (cunha escolma variada de libros de información, ficción, cómics e películas) e dunha serie de actividades que recollerán os tres eixes mencionados anteriormente.
Actividades do ciclo:
18/02: Charla: Un rural próspero en todos os sentidos: a experiencia do proxecto “Nosa Granxiña”
Guía bibliográfica
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible