Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
É hora de empezar a ler en dixital, podes facelo en liña ou mediante descarga temporal do material, tomándoo en préstamo nalgunha das plataformas de préstamo de sitios web que permiten descargar libros dixitais de forma legal e gratuíta.
Ademais, se non dispós dun lector de libros electrónicos nas bibliotecas temos un servizo de préstamo destes dispositivos, para que poidas probar e valorar se te convence a lectura en dixital.
Plataformas de préstamo de libros electrónicos
As bibliotecas públicas de Galicia e a Biblioteca Provincial facilítannos, a todas as persoas con carné de calquera das bibliotecas galegas, o acceso a plataformas para o présamo de libros electrónicos:
Se aínda non tes o carné da biblioteca, solicítao xa, é gratuíto e dáche a chave para acceder a estas plataformas de préstamo dixital.
Sitios web de descarga legal e gratuíta de libros electrónicos
En Internet existe unha gran cantidade de sitios web que permiten a descarga de libros de forma gratuíta pero, ollo, non todos os sitios ofrecen libros de forma legal, aínda que sexa gratuíta. Seleccionamos para ti algúns lugares onde poder descargar libros sen incorrer en ningún delito:
Ganso e Pulpo: trátase dun proxecto editorial independente sen ánimo de lucro, que busca reeditar e difundir en ePub textos literarios que resultan de difícil acceso ao potencial lector. Obras descatalogadas, esquecidas ou de mínima difusión, todas de dominio público.
Literanda é unha editorial e librería en liña independente que intenta publicar en varios formatos de libro electrónico textos clásicos en dominio público. Tamén teñen un apartado de autopublicación para novos/as escritores/as. Tamén poderás atopar autores/as contemporáneos/as, en descarga gratuíta, directa, revisados ou redeseñados.
Loyal Books é unha plataforma de audiolibros e libros electrónicos completamente libres e en dominio público. Podes escoller os libros por idiomas ou, se o prefires, descargares a app.
Open Culture compilou os mesmos audiolibros ofrecidos noutros lugares en liña, e compilounos nunha lista para navegar. Aínda que atoparás moitos dos mesmos clásicos ofrecidos noutros lugares.
PlanetaLibro é unha biblioteca con máis de 9.000 libros de dominio público para ler no teu teléfono, tableta ou libro electrónico. Le libros na nube ou descárgaos gratis e de forma legal. Crea unha biblioteca cos teus títulos favoritos vinculándoa ao teu perfil de Facebook.
Feedbooks é unha biblioteca dixital e un servizo de publicación na nube para libros de dominio público e orixinais. A páxina ten un gran menú de categorías para buscar a obra para ler na sección de libros de dominio público.
Internet Arquive trátase posiblemente dun dos maiores arquivos na internet de libros libres, filmes, software, música e sitios web. Esta biblioteca dixital xestionada por unha organización sen ánimo de lucro, conta con case 20.000.000 textos e libros que se poden ler e descargar de forma gratuíta, incluíndo máis dun millón de libros modernos en libre acceso.
O Libro Total é unha biblioteca dixital gratuíta con máis de 45.000 títulos entre literatura, imaxes e música, cuxa misión é recuperar o patrimonio cultural da humanidade hispanofalante. Algún deles on edición en audio que se pode escoitar simultaneamente. Tamén dispón de app.
Sitios web que agrupan podcast
Audiolibros: a experiencia de que alguén lea para ti
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible