Visita o álbum de fotos desta biblioteca
Horario
Como chegar
Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:
Liñas de bus urbano
Liña 3 - Liña 3A - Liña 4 - Liña 6 - Liña 6A - Liña 7- Liña 11- Liña 17
Estacións de bicletas
Que me ofrece esta biblioteca
Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.
Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, novas e persoas adultas.
Dispón de múltiples materiais que poderás levarche en préstamo, música e cinema, computadores de acceso público, conexión wifi,...
Busca e descobre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede
Máis información
A Biblioteca Municipal Monte Alto abriuse ao público en xuño de 1999, converténdose naquel momento na primeira biblioteca municipal totalmente informatizada, tanto no servizo de préstamo como na xestión de acceso á colección e á oferta de computadores de acceso público.
Situada no barrio histórico de Monte Alto, a Biblioteca sitúase na terceira planta do Centro Cívico, do mesmo xeito que o Centro ADCOR-Asociación de Discapacitados Coruñeses.
A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto dos veciños da súa zona de influencia, e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso ao coñecemento e susceptibles de marxinalidade e á práctica cultural, lectora e formativa.
Dende o 02/05/2022 ata o 31/05/2022
Entrada libre ata completar a capacidade
Luns, martes, xoves, venres: de 09.00 a 20.30 h
Mércores: de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 h
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible