Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Cascarilleiro busca por ti no catálogo
Cascarilleiro, o buscador do catálogo en liña das Bibliotecas, le e busca cada palabra que introduces para mostrarche só aqueles materiais que a/as conteñen.
Por iso, só tes que indicarlle aquilo no que estás interesado, e Cascarilleiro buscarao por ti.
Estas son as principais cuestións que debes ter en conta:
Usa esta busca cando che interese buscar no catálogo completo das 8 bibliotecas. Ten en conta que desde calquera biblioteca facemos peticións de libros ás outras.
Cascarilleiro permite que realices as buscas nunha única biblioteca.
Para facelo, só tes que seleccionar unha biblioteca da listaxe e recuperará só aqueles resultados que estean localizados na biblioteca que elixas.
Usa esta busca cando che interesen só os materiais da biblioteca do teu barrio, a que está preto do teu centro de traballo, etc.
Esta busca é moi útil para buscas xenéricas. Cascarilleiro buscará os termos da túa busca en calquera parte dos rexistros.
Por exemplo, se introduces os termos Pedro Almodóvar, Cascarilleiro mostrarache todos os materiais que conteñan esas palabras no TÍTULO, na MATERIA, no AUTOR, etc. É dicir, recuperará todas as películas que dirixiu, as que produciu, todos os documentais e libros que tratan sobre a súa figura, as bandas sonoras das súas películas, etc.
Con esta busca podes indicarlle a Cascarilleiro en que campo ou campos queres que aparezan os teus termos de busca. Ten en conta que Cascarilleiro pode simultanear a busca en máis dun campo.
Por exemplo, se introduces os termos Pedro Almodóvar no campo MATERIA, e os anos 2010 e 2015 no campo PUBLICADO ENTRE, Cascarilleiro limitarase a buscar todos os materiais das bibliotecas que traten sobre Pedro Almodóvar publicados entre o 2010 e o 2015, e deixará fóra dos resultados todos os demais.
Cascarilleiro sempre mostra os resultados en forma de listaxe e moitas veces incorpora unha imaxe ao lado de cada documento para facilitar a súa identificación.
Cascarilleiro mostrarache toda a información dun rexistro cando cliques sobre o seu TÍTULO.
Se queres retroceder á listaxe de resultados, podes pulsar sobre RESULTADOS. Se queres empezar de novo, faino sobre VOLVER A BUSCAR.
Cascarilleiro móstrache a localización e dispoñibilidade dos materiais se premes enriba do seu título.
Cascarilleiro mostrarache toda a información dun rexistro cando premas sobre o seu TÍTULO.
Na parte inferior poderás ver que biblioteca ten ese material, se está dispoñible ou non, ou se está prestado. Neste último caso, Cascarilleiro tamén che indica cal é a data de devolución.
Cando Cascarilleiro non atopa ningún rexistro que coincida cos termos da túa busca (porque non hai nada nas bibliotecas ou porque os escribes de forma incorrecta) traerache unha pantalla similar a esta:
Cascarilleiro non se rinde e segue buscando alternativas á túa busca.
Se clicas sobre BUSCAR TÉRMINOS PARECIDOS EN EL ÍNDICE, verás as alternativas que Cascarilleiro che ofrece aos teus termos de busca:
En ocasións Cascarilleiro localiza materiais que non teñen exemplares asociados porque que non están dispoñibles para o préstamo.
Isto pode deberse a que aínda estamos traballando con ese material para prestarcho nas condicións óptimas, que se encontra en mal estado e estamos intentando repoñelo ou fai referencia a outro material que o contén. Neste último caso, clica no enlace de DOCUMENTO FUENTE e terás a información completa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible