Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Visitas escolares

Tipo de actividade:

Programas de colaboración con centros escolares

A quen vai dirixido?:

Dirixido a alumnado de 4º a 6º de Educación Infantil e de 1º a 6º de Educación Primaria de centros educativos do municipio.

Require inscrición. Prazo de solicitude xeral: do 15 de outubro ao 15 de novembro.

De xaneiro a maio

En que consisten as visitas escolares

Visitas dirixidas ao segundo ciclo de Educación Infantil e a todos os niveis de Educación Primaria.

Contidos das visitas

Tanto no ciclo de Educación Infantil como en cada un dos tres ciclos de Educación Primaria os contidos que se abordarán serán os seguintes:

a) A ficción nas súas diferentes formas de gozala (lectura, narración, declamación, observación...) e xéneros (contos tradicionais, de autor/a, álbums, poesía...)

b) A ilustración como recurso informativo, interpretativo e que proporciona experiencias sensoriais e estéticas.

c) Os libros e recursos informativos como recurso básico para desenvolver o desexo de aprender, ampliar intereses, comprender a organización, estrutura e presentación da información: temas, organización dos textos, procuras...

Duración das visitas

Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as 2 horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.

Centros onde se oferta

As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:

Biblioteca Ágora (máximo 25 visitas)

Biblioteca Castrillón (máximo 30 visitas)

Biblioteca Fórum Metropolitano (máximo 15 visitas)

Biblioteca Municipal Durán Loriga (máximo 20 visitas)

Biblioteca Monte Alto (máximo 20 visitas)

Biblioteca Os Rosales (máximo 32 visitas)

Biblioteca Sagrada Familia (máximo 20 visitas)

Condicións do programa

  • 1/Unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación e a realizar co seu alumnado, no centro escolar, as actividades previas que se especifiquen para cada visita.
  • 2/A participación na visita inclúe a necesidade dunha actividade previa que o profesorado deberá realizar coas súas alumnas e alumnos na biblioteca escolar do centro. Unha vez asignada a visita, a bibliotecaria municipal comunicaralle ao mestre ou mestra o tipo de acción a realizar. Serán propostas sinxelas como:
    • unha procura de libros sobre unha determinada temática que deberán traer á biblioteca e presentalos o día da visita.
    • a realización dun vídeo sinxelo, unha fotografía, unha breve presentación, unha carta etc. na que se presente a biblioteca escolar ou se destaque algún aspecto singular da mesma: mobiliario, actividades, espazos, organización etc.
  • 3/As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de visitas ofertadas, a biblioteca valorará que solicitudes serán finalmente aceptadas atendendo aos seguintes criterios:
    • dar cobertura aos seus centros escolares de referencia de maneira prioritaria.
    • buscar un equilibrio entre o número de visitas solicitadas e o número de centros escolares que realizan a demanda.
    • satisfacer a demanda das solicitudes dos diferentes niveis (EI e EP) de xeito equilibrado.
  • 4/Para a aceptación das solicitudes terase tamén en conta se en cursos anteriores os centros escolares respectaron os compromisos recollidos nos puntos 1 e 2.
  • 5/As visitas asignaranse á biblioteca de referencia. Nesta ligazón poderás consultar cales son:
    • Bibliotecas de referencia para os centros escolares .
  • 6/Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitarase á coordinadora do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas:
    • Elena Pernas Lázaro
    • Correo-e: e.pernas@coruna.gal
    • Tlf. 981184384
  • 7/Unha vez asignada a visita a unha Biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable do servizo ás escolas desa biblioteca.
  • 8/O transporte, se for necesario, correrá a cargo do centro educativo.

A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Solicita unha visita aquí (ligazón dispoñible proximamente)

Outras actividades para centros escolares

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión