Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Publicacións de entroido

Peza da colección, 1918

Como sinala Xosé Alfeirán na súa obra titulada "Choqueiros. Breve crónica histórica do carnaval coruñés", o carnaval coruñés é unha celebración viva, que decae e se recupera, e que se acomoda aos diferentes cambios sociais e económicos que se van a producir na cidade.É un carnaval urbano con ingredientes rurais, populares e cultos, que se combinan de xeitos diferentes ao longo da súa existencia. Se tiveramos que seleccionar as súas manifestacións máis persistentes destacaríamos os choqueiros e mascaritas, a tirada de obxectos, o baile, as mascaradas e procesións, e os apropósitos.

A colección especial de publicacións de Entroido reflicte, en gran medida, esta variedade de manifestacións. Nela pódense atopar follas soltas con letras de apropósitos, anuncios de comparsas, concursos carnavalescos, fotografías ou carnés de bailes de máscaras.

É unha pequena colección de crecemento escaso e lento que, a pesar da súa pequena extensión, facilita o coñecemento desta festa tan arraigada na Coruña ao longo do tempo.

E é que estas publicacións de entroido permiten ilustrar a evolución da sociedade coruñesa e como a festa se foi acomodando aos cambios dos que fala Alfeirán.

Detalle dunha das pezas

Ademais, se a este singular conxunto lle sumamos outros materiais dispoñibles na Biblioteca de Estudos Locais sobre este tema, como poden ser os apropósitos, tan do  entroido coruñés, os bandos ditados para o  Carnaval, as publicacións menores modernas ou a música impresa carnavalesca,  os carteis ou os programas desta festa, entre outros, pódese profundar nesta celebración,  de tan fondo calado e longa tradición.

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á busca avanzada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión