Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Trátase dun laboratorio de aprendizaxe colaborativa e interxeracional no barrio da Sagrada Familia que ten o obxectivo de crear un espazo que facilite o desenvolvemento da comunidade, a mellora da calidade de vida e a innovación cidadá; ademais de lle facilitar á veciñanza a aprendizaxe a través da experimentación e o intercambio de ideas.
No desenvolvemento do proxecto traballamos con 4 grupos focais:
A Eira consta de 3 fases:
Na posta en marcha deste proxecto de bibliolab, contaremos coa colaboración da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a Facultade de Socioloxía e a Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.
"A Eira" é ese espazo que crece cando o sementamos e fertilizamos con traballo e participación. Un lugar que nos define e fainos crecer, no que cultivaremos aquilo que construamos de forma conxunta. Representa o valor da proximidade, a participación cidadá, a innovación social e a posta en valor das bibliotecas como centros de produción de coñecemento, aprendizaxe e desenvolvemento persoal e colectivo.
Podes ver a presentación en castelán seguindo a ligazón á nosa galería, ou vela directamente, en galego, na miniatura que aparece máis abaixo.
O proxecto foi presentado en Laboratorios Bibliotecarios, iniciativa do Ministerio de Cultura e Deporte e Medialab Prado onde tivo lugar un taller para o prototipado colaborativo, cuxo resultado é a seguinte presentación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible