Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Avisos importantes
Visita o álbum de fotos desta biblioteca
Horario
*A sala infantil permanecerá aberta de luns a venres de 16.00 h a 20.30 h (excepto os xoves), e os sábados de 10.00 h a 14.00 h
Como chegar?
Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:
Liñas de autobús urbano
Liña 3 - Liña 3A - Liña 6 - Liña 6A - Liña 12 - Liña 14
Estacións de bicicletas
Que me ofrece esta biblioteca?
Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.
Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.
Dispón de múltiples materiais que poderás levar en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos...
Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrecen esta biblioteca e as demais da rede
Máis información
A Biblioteca Municipal Sagrada Familia abriu as súas portas ao público no barrio do mesmo nome no ano 1991, froito da vontade dun padroado integrado por unha obra benéfico social e o Concello da Coruña.
Desde entón, o crecemento da afluencia e demandas dos veciños e veciñas, e a súa implementación como lugar de referencia cultural na zona foi constante. Froito desta evolución, ao longo dos anos 2002 e 2003 amplíase e refórmanse as instalacións e servizos da biblioteca. Actualmente dispón dunha planta de 740 m2, organizada en dúas salas e unha aula de formación, ademais do depósito e a zona de traballo.
O barrio da Sagrada Familia ten unha gran densidade de poboación e é un dos núcleos máis importantes de poboación inmigrante da cidade.
A Biblioteca Sagrada Familia pódese definir como unha biblioteca de barrio que trata de ser motor de impulso e promoción para a reacción cultural entre a súa veciñanza, ademais dun recurso que posibilite a igualdade social de oportunidades no acceso á información nunha época na que se adquiriu un valor transcendental.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible