Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Fáciles de ler

Podes atopar o centro de interese Fáciles de ler en todas as bibliotecas da rede, menos en Estudios Locais (xa que está especializada no fondo local).

Trátase dunha selección de libros destinada a facilitar o acceso á lectura e á información aos colectivos que poidan ter dificultades lectoras de diversa índole.

A quen se dirixe

  • A persoas adultas con dificultades de comprensión lectora por cuestións transitorias (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente...) ou permanentes (trastornos de aprendizaxe, senilidade, diversidade funcional)
  • Persoas adultas con dificultades de acceso á lectura por problemas visuais leves.

Que materiais podo atopar

Contemplamos unha serie de categorías que pretenden dar resposta ás necesidades prácticas daquelas persoas ás que se dirixe, para facer fronte ás diferentes barreiras de acceso á información ante as que se poden atopar:

  1. LETRA GRANDE: nestes libros atoparás un tamaño da tipografía máis grande do que é habitual e son óptimos para persoas con problemas visuais leves. Podes visualizar algún exemplo destes materiais.
  2. LER ESCOITANDO: esta categoría inclúe os audiolibros: gravacións da lectura en voz alta de novelas ou contos en formato DVD e CD. Incorporámolas neste centro de interese para facilitar a lectura a persoas con discapacidades visuais. Tamén atoparás obras cuxo audiolibro se atope subido online nas distintas plataformas de préstamo de libro electrónico ás que podes acceder se es socia ou socio das Bibliotecas.
  3. LECTURA FÁCIL: neste apartado incluímos adaptacións literarias que permiten unha lectura máis sinxela dos contidos, destinadas a persoas con dificultades de comprensión.  

No catálogo en liña podes atopar todos os documentos que pertencen a Fáciles de ler. Lembra que se o material que che interesa está nunha biblioteca distinta á túa, o persoal bibliotecario pode solicitalo para que o recollas tan pronto o reciban. 

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión