Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

37 resultados

  • Formación para persoas desempregadas - Cruz Vermella

    A Cruz Vermella pon en marcha distintas formacións durante o primeiro semestre de 2024.

  • Programa de emprego novo Somos GO - Cruz Vermella

    Formación para persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil: soldadura, camareiro/a de restaurante e bar e axudante de cociña.

  • Cursos Aula CeMIT - Abril

    Cando:

    Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024

    A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de abril na aula CeMIT Eirís.

  • III Edición do Curso de extensión universitaria sobre Estudos Marítimos

    Cando:

    Dende o 17/04/2024 ata o 30/05/2024, os mércores e xoves

    Inscricións:

    Ata o 15/04/2024

    A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) organiza a terceira edición do Curso de extensión universitaria sobre Estudos Marítimos, que se impartirá en modalidade en liña a través da plataforma MS TEAMS da UDC.

  • Oficios en Acción 2024

    Cando:

    06/04/2024

    O sábado 6 de abril terá lugar no centro Ágora a xornada "Oficios en Acción", promovida pola Asociación Galega de Artesáns no marco do desenvolvemento dos Días Europeos da Artesanía 2024, na que unha escolma de profesionais da artesanía en Galicia ofrecerán unha decena de obradoiros gratuítos, xunto con actividades de demostración de elaboración artesanal en xoiaría e talla de vidro.

  • Curso de monitor/a de tempo libre

    Cando:

    Dende o 08/05/2024 ata o 27/06/2024

    Inscricións:

    Ata o 25/04/2024

    A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, comunicación non violenta, participación e orientación laboral no tempo libre.

  • Curso Básico de Interpretación do Patrimonio

    Cando:

    Dende o 16/04/2024 ata o 19/05/2024

    O CEIDA, xunto coa Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP), levan a cabo un curso básico de Interpretación do Patrimonio en modalidade en liña.

  • Curso de monitor/a de tempo libre

    Cando:

    Dende o 08/04/2024 ata o 30/05/2024

    A Escola Galega de Tempo Libre organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre, de luns a xoves en horario de mañá e modalidade mixta, presencial e online.

  • Cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico

    Cando:

    Dende o 16/04/2024 ata o 14/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 15/03/2024 ata o 25/03/2024

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), convoca tres edicións do curso básico en prevención de riscos laborais, impartido na modalidade de teleformación.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    Cando:

    Dende o 01/03/2024 ata o 31/03/2024

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), presenta a axenda de actividades do mes de marzo de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

resultados 37

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión