Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Hasta el 15/02/2026
El programa de prácticas de la Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura (FAO) ofrece a personas estudiantes y recién graduadas una oportunidad para combinar sus conocimientos académicos con experiencia práctica en agricultura, alimentación y campos relacionados.
27/12/2025
Como cada Nadal volve "A Radio Conta", o programa conxunto das emisoras da Coruña chega á súa 13ª edición. Nesta ocasión, o recadado doarase á asociación sen ánimo de lucro ACCEM, que traballa na inserción social e laboral de persoas migrantes. Terá lugar na sede da Fundación Barrié.
26/12/2025
La Fundación Barrié organiza esta conferencia en su sede de A Coruña.
Desde el 03/01/2026 hasta el 04/01/2026
O Teatro Colón acolle en xaneiro "Reinventio", un espectáculo galego de gran formato que conxuga maxia, danza e artes circenses para transformar a ilusión nun relato visual e emocional.
Desde el 16/03/2026 hasta el 16/04/2026
ás 14:00 horas.
A Deputación Provincial da Coruña convoca 28 bolsas destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos presenciais ou semipresenciais fóra de Galicia.
Hasta el 31/01/2026
O Concello da Estrada, comprometido e sensibilizado co proceso de creación cultural, con contribuír á difusión da lírica galega e con servir como estímulo para novos autores e autoras, convoca unha nova edición do Premio de poesía Avelina Valladares.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible