A sala Plataforma14 situada no edificio Fórum Metropolitano da Coruña, acolle dende o 21 de novembro a mostra expositiva “Collage e Cor” do artista Emmanuel Joven. “Collage e cor” é unha recopilación dos mellores traballos do artista galego Emmanuel Joven, por primeira vez expostos ó público en formato físico. A colección selecciona 40 traballos realizados polo autor mediante a técnica do collage.
Para público en xeral
Dende o 21/11/2018 ata o 21/12/2018
Xa rematou
de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde
Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)
Tel.: 981 184 294
correo-e: cmix@coruna.es
Todas as obras baséanse na unión conceptual de imaxes sacadas de contexto para crear novas imaxes e novas ideas. A selección de corpos, caras e obxectos de fotografías comerciais ou de arquivo é recontextualizada para ser expresión artística de ideas novas nun contexto histórico de saturación de imaxes, tanto no mundo físico como no mundo dixital. Nun entorno onde todo está inventado, a creación a partir de pezas xa producidas é a expresión da renovación histórico do arte visual e do collage como técnica. De aquí nace o interés do artista por este tipo de composición para transmitir novos conceptos, ideas e paisaxes.
A exposición ábrese ao público ás 19:00 horas do 21 de novembro e estará aberta ata o ao 21 de decembro.
A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Ata o 08/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible