Exposición “Travesía de bytes” na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano.
Para público en xeral
Dende o 05/11/2019 ata o 10/12/2019
Xa rematou
de luns a venres de 9.00 a 21.00 h e sábados de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde
Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano
R/ Río Monelos, 1 (15006 A Coruña)
Tel.: 981 184 294
correo-e: cmix@coruna.es
A sala de exposicións Plataforma14 acolle a exposición "Travesía de bytes" da artista Arantxa Serantes e que conta coa colaboración de Manuel Gutiérrez.
Esta exposición está vinculada á técnica artística do Net Arte que abarca todas aquelas intervencións que nacen en e a través da rede; non só da mera transmisión, senón do lugar onde suceden a creación e a exposición e da forma inmediata e inmaterial. Imaxes, sons, gráficos emails e calquera manifestación que teña dito orixe pode formar parte desta corrente artística.
"Travesía de bytes" é unha miscelánea de obras que poñen en discusión e debate aos sistemas ou narrativas lineais e aos medios unidireccionais. Trata de mostrar novas técnicas á hora de plasmar realidades e fomenta a reflexión
A exposición poderase visitar do 5 novembro ata o 10 de decembro no Fórum Metropolitano.
A sala Plataforma14, que está coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible