Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Comunicar + Saúde

    Cuándo:

    08/04/2026

    A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación corporativa organiza, no salón de actos da Facultade da Saúde, a xornada Comunicar + Saúde, un encontro académico centrado na reflexión sobre comunicación, saúde e contorna dixital.

  • Charlas de educación viaria

    Cuándo:

    Desde el 14/04/2026 hasta el 26/05/2026

    O Concello da Coruña iniciará, no mes de abril, un novo programa de charlas de educación viaria, co obxectivo de fomentar hábitos seguros nos desprazamentos e reducir os riscos asociados aos atropelos en vías urbanas.

  • 6 becas de formación práctica relacionada con la política agrícola común y su financiación

    Inscripciones:

    Hasta el 24/04/2026

    El Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación convoca becas de formación práctica en las sedes del Fondo Español Garantía Agraria, O.A. en Madrid.

  • Curso Online Básico de Interpretación do Patrimonio

    Cuándo:

    Desde el 28/04/2026 hasta el 31/05/2026

    Inscripciones:

    É precisa inscrición previa.

    O CEIDA abre a inscrición para a 29ª edición do Curso Básico en liña de Interpretación do Patrimonio.

  • 6 bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

    Inscripciones:

    Hasta el 04/05/2026

    A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento con destino en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ou nas oficinas da cooperación española (OCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

  • 4 plazas para el Banco Municipal de Vivienda orientado al alquiler social

    Inscripciones:

    Hasta el 10/04/2026

    La Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades, S.A.U. (EMVSA) convoca un proceso selectivo para la contratación temporal y constitución de una bolsa de empleo para plazas de Asesor/a jurídico/a, Arquitecto/a superior o técnico/a, Auxiliar administrativo y Auxiliar de gestión social.

Convocatorias

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión