A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior para o curso 2026/27.
Para público en general
Hasta el 12/06/2026
a) ACCESO DIRECTO: estarán exentas de realizar a proba específica de acceso ao grao superior quen estea en posesión de:
b) ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: as persoas que posúan o título de Bacharelato, ou equivalente, ou título de técnico/a de FP deberán superar unha proba específica (aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia de bacharelato poderán presentarse á proba específica de acceso, e deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida con anterioridade á adxudicación de prazas)
c) ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS: as persoas aspirantes que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter cumpridos 19 anos, feitos no ano natural de realización da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato, ou 18 anos se se acredita estar en posesión dun título de técnico/a relacionado con aquel ao cal se desexa acceder (*consultar no Anexo I da convocatoria as posibles exencións da proba substitutiva de titulación)
INFORMACIÓN:
- nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño
- Na Coruña: Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
R/ Os Pelamios, 2 (15001- A Coruña)
Tel: 981 225 396
Correo-e: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.gal
PUBLICACIÓN: DOG 07/05/2026
PRAZOS DE INSCRICIÓN, tanto para o alumnado que cumpre co requisito de titulación como para o que solicita proba substitutiva de requisito de titulación: do 8 de maio ao 12 de xuño de 2026
Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/eas, empregando certificado dixital ou Chave365, e presentar nos prazos establecidos unha copia asinada da solicitude xunto coa documentación requerida no centro no que se desexe acceder como primeira ou única opción. As persoas solicitantes que non posúan DNI ou NIE poderán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros de inscrición.
Na solicitude de inscrición deberase indicar o ciclo formativo que se desexa cursar, así como a EASD ou CE.ART a que se aspire acceder, por orde de preferencia, ata un máximo 4 opcións. Así mesmo, as persoas aspirantes que precisen realizar a proba específica deberán sinalar o centro en que desexan realizar a proba.
LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes.
DATAS DAS PROBAS:
* PROBA SUBSTITUTIVA DA TITULACIÓN DE BACHARELATO: 23 de xuño de 2026
A proba constará de 2 partes:
* PROBA ESPECÍFICA: 7 de xullo de 2026
A proba constará de 3 exercicios:
Desde el 06/07/2026 hasta el 08/07/2026
Hasta el 16/06/2026
17/06/2026
Hasta el 05/06/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible