Nestas Conversas sexolóxicas darase a benvida a Ophelia Pires, performer e deseñadora, e Matías Herranz, artista emerxente e membro de Arelas, para falar da construción da identidade sexual, partindo dos preconceptos cisheteronormativos que temos asimilados.
Para público en general
15/05/2026
Inscrición no email reservas@acefala.org
19:00 h.
Dende unha ollada ás realidades trans, abordaranse cuestións tan esenciais como a relación co corpo e o significado dos xenitais na definición do que é ser home ou ser muller. No camiño de exploración das identidades en sociedade, as persoas trans atópanse con innumerables retos, como a revelación do sexo sentido na súa contorna ou o inicio da transición.
Como pode ser que a transfobia e a fetichización dos corpos trans poidan darse a un tempo, se é que non son a mesma cousa? O cispasing é máis unha estratexia de supervivencia ou tamén ten que ver coa autoaceptación?
Desde el 06/07/2026 hasta el 08/07/2026
Hasta el 16/06/2026
17/06/2026
Hasta el 05/06/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible