Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Desde este mércores, 25 de marzo, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña, servizo municipal destinado a facilitar un espazo para o ensaio musical, de xeito gratuíto e en condicións de igualdade, para mozos e mozas da Coruña, solistas ou membros de grupos como espazo onde desenvolver as súas inquedanzas musicais.
A quién va dirigido:
Para público en general
Inscripciones:
Desde el 25/03/2026 hasta el 09/04/2026
Ata as 13:00 h.
Requisitos:
O equipamento acollerá os grupos do concello da Coruña, cuxos integrantes teñan un mínimo de 12 anos cumpridos a 1 de maio de 2026.
Considéranse grupos do concello da Coruña aqueles en que, cando menos a metade dos seus compoñentes, estean empadroados na Coruña ou matriculados nalgún centro educativo do concello da Coruña no curso 2025/2026.
Daráselles prioridade a aqueles grupos cuxos compoñentes sexan menores de 30 anos. Porén, os grupos musicais nos que algún ou algúns dos membros excedan da referida idade terán igualmente a consideración de grupos xuvenís, para os efectos de poder acceder ao uso dos locais cando polo menos a metade dos seus membros cumpran o requisito da idade.
Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto.
Inscrición
Deberase facilitar toda a documentación requerida ao enderezo electrónico xuventude@coruna.gal. As inscricións deberán achegar:
Formulario de inscrición debidamente cuberto, descargar aquí.
Fotocopia do DNI de cada membro do grupo.
Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2026), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2025/26 nun centro da cidade de, cando menos, a metade dos/as compoñentes do grupo.
No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno ou do/a titor/a, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso.
Calendario
Prazo de alegacións: as persoas interesadas poderán presentar as alegacións que estimen oportunas na defensa dos seus intereses, nun prazo de 5 días naturais, a partir da publicación da listaxe provisional.
Listaxe definitiva: unha vez transcurrido o prazo de alegacións publicarase a listaxe definitiva de grupos admitidos, e convidarase por e-mail aos grupos aptos á xuntanza de adxudicación dos novos horarios.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible