Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Probas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC
A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, para o curso académico 2026-2027.
A quién va dirigido:
Para público en general
Cuándo:
25 de abril e 15 de xuño de 2026
Inscripciones:
para a 1ª oportunidade: do 23 de febreiro ata o 17 de marzo.
para a 2ª oportunidade: do 08 de maio ata o 26 de maio.
Precio:
O importe dos dereitos de exame é 63,67 €, máis 6 € en concepto de seguro de accidentes (consultar posibles bonificacións ou exencións). O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño); en caso de concorrer á segunda oportunidade, só haberá que aboar novamente o seguro de accidentes.
Requisitos:
Ademais das persoas que reúnan os requisitos previstos no capítulo II do RD 412/2024, do 11 de xuño, polo que se regulan os requisitos de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, as características básicas da proba de acceso e a normativa básica dos procedementos de admisión, poderase presentar ás probas específicas de acceso quen teña superado ou estea a cursar o bacharelato ou un ciclo formativo de grao superior.
As persoas deportistas de alto nivel e de alto rendemento estarán exentas de realizar estas probas.
Os/as aspirantes que obteñan a cualificación de "apto" nas probas específicas de acceso nesta convocatoria, non terán que realizalas novamente nas convocatorias dos cursos académicos 2027/2028 e 2028/2029, sen prexuízo de cumpriren coa normativa para o acceso e admisión á universidade.
As persoas que desexen realizar as probas específicas cubrirán o formulario en liña dispoñible na web da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, adxuntando a documentación indicada nasbases da convocatoria.
Prazos de matrícula nas probas:
Oportunidade do 25 de abril de 2026: do 23 de febreiro ata as 14:00 horas do 17/03/2026.
Oportunidade do 15 de xuño (e 16 de xuño, se fose necesario polo elevado número de aspirantes) de 2026: do 08/05/2026 ata as 14:00 horas do 26/05/2026.
Á 2ª oportunidade poderán concurrir aquelas persoas que non obtiveron a calificación de APTO na 1ª oportunidade e tamén aquelas outras que, por cualquera circunstancia, non se presentaran a esta.
Pódese consultar o Regulamento para as probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC en https://probasinefgalicia.udc.es
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible