Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

14 bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística da Axencia de Turismo de Galicia

A Axencia de Turismo de Galicia convoca bolsas de formación práctica que lles permiten ás persoas tituladas acceder a prácticas tuteladas co fin de actualizar e mellorar os seus coñecementos e habilidades en materias vencelladas co turismo.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 11/06/2026

Duración:

máxima de seis meses.

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea.
  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: grao en Turismo; técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.
  • Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2021.
  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
  • Inglés: deberase achegar certificado B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas ou superior, ou acreditación oficial de nivel equivalente ao B1 ou superior.
  • Non poderán ser persoas beneficiarias desta bolsa aquelas persoas solicitantes que fosen adxudicatarias dela en edicións anteriores, nin aquelas persoas que fosen adxudicatarias das bolsas en edicións anteriores e que renunciasen a elas durante o seu desenvolvemento.
  • As persoas beneficiarias non poderán desfrutar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego ou a renda activa de inserción para persoas desempregadas, no momento da incorporación.
  • As persoas beneficiarias non poderán ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego no momento da incorporación.

Remuneración / Dotación:

6.000,00 €. 

Página web:

www.turismo.gal

Contacto:

Axencia de Turismo de Galicia:

Estrada Santiago de Compostela - Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela

Teléfono 881 99 52 63

Enderezo electrónico competitividade.turismo@xunta.gal

Dificultades técnicas relacionadas coa presentación de formularios por vía electrónica: teléfono de información 012 ou correo electrónico 012@xunta.gal

Publicación: DOG 11/05/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento TU981A

14 bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma:

  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (rúa do Vilar)
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (rúa Carretas)
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo da Coruña
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Pontevedra
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Vigo
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Lugo
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Ourense

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión