Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

VIII Concurso de Pódcasts Radio na Biblio

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CSAG) e no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares, convoca o Concurso de Podcasts Radio na Biblio para o curso 2025/26 destinado a centros públicos non universitarios de titularidade pública.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 19/03/2026

Requisitos:

  • Poderán participar os centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, das distintas tipoloxías, integrados ou non no programa Radio na biblio, que teñan unha emisora de radio escolar.
  • A temática centrarase na homenaxeada nas Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño, e poderá versar sobre: 
    • Aspectos biográficos e literarios de Begoña Caamaño.
    • A revisión dos mitos clásicos na literatura galega contemporánea.
    • A relación entre literatura, xornalismo e compromiso social.
    • A presenza e o papel das mulleres na literatura galega e nas Letras Galegas
  • Establécense 8 modalidades de participación, segundo o nivel do ensino:
    1. Alumnado de EI
    2. Alumnado de 1º e 2º de EP
    3. Alumnado de 3º e 4º de EP
    4. Alumnado de 5º a 6º de EP
    5. Alumnado de 1º e 2º de ESO
    6. Alumnado de 3º e 4º de ESO
    7. Alumnado de Bacharelato
    8. Alumnado doutras ensinanzas
  • Cada centro educativo poderá presentar 1 podcast por modalidade ata un máximo de 3 podcasts por centro (no caso de traballos internivelares, presentarase a solicitude na modalidade á que pertenza a maioría do alumnado)
  • Os podcasts deberán presentarse en formato .mp3/.wav cunha duración mínima de 3 minutos e máxima de 5 minutos: 
    • - poden ser entrevista, cuña publicitaria, noticieiro, faladoiro, recital, debate, programa monográfico...
    • - todos os podcasts estarán realizados en lingua galega. 

Remuneración / Coste:

Outorgarase 1 premio por modalidade de 1.250 € cada un.

O premio redundará en melloras no laboratorio/emisora de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento do laboratorio de radio, sempre vinculado á biblioteca do centro.

Así mesmo, os centros premiados poderán visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela

Página web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. D.X. Ordenación e Innovación Educativa

Edif. Adm. San Caetano, Edificio 2- andar 2ª (15781 - Santiago de Compostela)

Tel.: 981 546 503

correo-e: dxoie@xunta.gal

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión