DOBRAXE: de 9 a 17 anos
- Traballaredes con escenas reais, aprenderás técnicas básicas de dobraxe, uso do micrófono e expresión vocal, todo nun ambiente dinámico e creativo.
- Entrega de material ao finalizar o curso.
- Data: do 13 ao 17 de Xullo
- Horario: de 10h a 13h
- Prezo: 150€
- Docente: Daniel Otero
- Técnico de imaxe e son: Marcos Eimil
EMOCIÓNS EN ESCENA: de 7 a 12 anos
- Este taller combina dinámicas teatrais con actividades de educación emocional para axudar aos participantes a recoñecer, expresar e xestionar as súas emocións de maneira saudable, creativa e divertida.
- Traballaredes: expresión e identificación emocional, empatía, traballo en equipo, fomento da calma e da escoita activa, expresión corporal, fortalecemento da autoconfianza e desinhibición.
- Data: do 29 de Xuño ao 2 de Xullo
- Horario: de 10h a 12h
- Prezo: 100€
- Docente: Daniel Otero
- Colabora: Amizar Psicoloxía
TEATRO NENAS E NENOS: de 7 a 12 anos
- Durante este curso, exploradedes técnicas básicas de interpretación, xogos escénicos, movemento, improvisación e interpretación adaptados á súa idade e nivel.
- Poderán desenvolver a creatividade, a expresión corporal, o traballo en equipo e, ademais, gañar confianza, mellorar a comunicación e descubrir o pracer do teatro.
- Datas: Xullo (do 20 ao 23) ou Agosto (do 17 ao 20)
- Horario: de 10h a 12h
- Prezo: 80€
- Docente: Daniel Otero
TEATRO ADOLESCENTES: de 13 a 17 anos
- A través de exercicios prácticos, improvisación, traballo corporal e escenas, afondaredes nas ferramentas básicas do actor e actriz, sempre nun ambiente dinámico, creativo e colaborativo.
- Traballarase: Sensibilización Corporal, Técnica Vocal, Atención e Escoita en escena, Imaxinación, Improvisación e Interpretación.
- Datas: Xullo (do 20 ao 23) ou Agosto (do 17 ao 20)
- Horario: de 12h a 14h
- Prezo: 80€
- Docente: Daniel Otero
INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA: de 12 a 17 anos
- Este curso nace dunha colaboración entre Casahamlet e CV Estudio de Interpretación. Un curso dinámico e práctico para rapaces e rapazas que queiran descubrir as ferramentas da interpretación audiovisual para Cine e TV, e poder actuar diante da cámara con naturalidade, seguridade e verdade.
- Aprenderán as bases da interpretación audiovisual, gañarán naturalidade e confianza ante a cámara e mellorarán a expresión corporal e verbal en escena.
- Entrega de material ao finalizar o curso.
- Data: do 6 ao 10 de Xullo
- Horario: de 10h a 13h
- Lugar: CV Estudio de Interpretación (R/ Bergondo, 7, A Coruña)
- Prezo: 150€
- Docentes: Daniel Otero e Carlos Villarino