Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Emprega-T

EMPREGA-T é o programa da UDC que che axuda a dar o salto do ámbito universitario ao mundo profesional con máis seguridade e confianza. Abrangue dous tipos de actividades: formación e experiencias coas empresas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/03/2026 ata o 29/04/2026

Requisitos:

  • A proposta está dirixida, por unha banda, ao estudantado da UDC e, por outra, ás persoas recentemente tituladas pola nosa universidade que desexan mellorar o seu perfil profesional e ampliar as súas oportunidades de inserción laboral. 
  • As actividades precisan inscrición previa.

Páxina web:

https://www.udc.es/gl/emprego/emprega-t/

Contacto:

VICERREITORÍA DE ESTUDANTES E EMPREGABILIDADE - UDC

Tel.: 881 01 6024

https://www.udc.es/gl/emprego/emprega-t/

MÓDULO I: EMPREGABILIDADE

  • 4 de marzo OBRADOIRO I· 09:30h - 10:30h.  CV 4.0: destacar nun mercado laboral dixital
  • 4 de marzo OBRADOIRO 2 11:00h - 12:00h. Marca profesional persoal: o teu perfil como activo laboral 
  • 11 de marzo OBRADOIRO 3· 09:30h - 10:30h. Entrevistas de selección hoxe: humanas, por competencias e con IA 
  • 11 de marzo OBRADOIRO 4·  11:00h - 12:00h. Onde están as oportunidades: emprego, prácticas e talento júnior.
  • 25 de marzo OBRADOIRO 5· 09:30h - 10:30h. Saídas laborais en investigación e innovación na UDC 
  • 25 de marzo OBRADOIRO 6· 11:00h - 12:00h. Ferramentas dixitais e IA para a busca de emprego con eficacia 

MÓDULO II: EMPRENDEMENTO

  • 8 de abril OBRADOIRO 7·  09:30h - 10:30h. Introdución ao emprendemento e o ecosistema emprendedor 
  • 8 de abril OBRADOIRO 8· 11:00h - 12:00h. Rol da UDC no emprendemento 
  • 22 de abril OBRADOIRO 9· 09:30h - 10:30h. Da idea á oportunidade 
  • 22 de abril OBRADOIRO 10· 11:00h - 12:00h. Modelo de negocio áxil 
  • 29 de abril OBRADOIRO 11· ASCEGA 09:30h - 10:30h. Recursos clave para a persoa emprendedora 

MÓDULO III: COMPETENCIAS TRANSVERSAIS

29 de abril OBRADOIRO 12· Inycom (A Coruña)· Altia (Ferrol) 11:00h - 14:00h Persoas, talento e benestar no mundo laboral

VISITAS

Coñece espazos de interese para o emprego e o emprendemento da túa contorna:

GRUPO INTAF, CSA, CEI, CME (ACCEDE PAPAGAIO E IGREXARIO DA GRELA), POLOS DE EMPRENDEMENTO E ORACLE SPAIN.

RESTRINXIDAS ÁS PERSOAS ASISTENTES A ALGÚN DOS OBRADOIROS

PECHE INSTITUCIONAL NO EDIFICIO DE BATALLÓNS

29 de abril 14:00h - 14:15h. María José Lombardía Cortiña· Vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade da Universidade da Coruña (UDC)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión