A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio, curso 2026/27.
Para público en general
Hasta el 12/06/2026
a) ACCESO DIRECTO: estarán exentas de realizar a proba específica de acceso ao grao superior quen estea en posesión de:
b) ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: as persoas que estean en posesión do título de graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, ou equivalente a efectos académicos, deberán superar unha proba específica.
c) ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS: as persoa que non dispoñan da titulación requerida deberán ter cumpridos 17 anos no ano de realización da proba e superar a proba substitutiva de titulación de ESO, ademais da correspondente proba específica (*consultar no Anexo I da convocatoria as posibles exencións da proba substitutiva de titulación)
INFORMACIÓN: nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño que oferten ciclos medios
EASD Ramón Falcón
Paseo dos Estudantes, s/n. (27002- Lugo)
tel.: 982 220 790
correo-e: escola.arte.ramon.falcon@edu.xunta.es
PUBLICACIÓN: DOG 07/05/2026
PRAZOS DE INSCRICIÓN, tanto para o alumnado que cumpre co requisito de titulación como para o que solicita proba substitutiva de requisito de titulación: do 8 de maio ao 12 de xuño de 2026
Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/eas, empregando certificado dixital ou Chave365, e presentar nos prazos establecidos unha copia asinada da solicitude xunto coa documentación requerida no centro no que se desexe acceder como primeira ou única opción. As persoas solicitantes que non posúan DNI ou NIE poderán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros de inscrición.
Na solicitude de inscrición deberase indicar o ciclo formativo que se desexa cursar, así como a EASD ou CE.ART a que se aspire acceder, por orde de preferencia, ata un máximo 4 opcións. Así mesmo, as persoas aspirantes que precisen realizar a proba específica deberán sinalar o centro en que desexan realizar a proba.
LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes.
DATAS DAS PROBAS:
* PROBA SUBSTITUTIVA DA TITULACIÓN DE ESO: 23 de xuño de 2026
A proba constará de 2 partes:
* PROBA ESPECÍFICA: 7 de xullo de 2026
A proba constará de 3 exercicios:
Desde el 06/07/2026 hasta el 08/07/2026
Hasta el 16/06/2026
17/06/2026
Hasta el 05/06/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible