Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que puedas estar siempre informado/a.
226 resultados

O Concello de Muros convoca proceso selectivo, por concurso-oposición, para a contratación laboral temporal a xornada completa de socorristas acuáticos e a elaboración dunha bolsa de emprego.

A Deputación de Ourense convoca varias prazas de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo incluídas na oferta ordinaria de emprego público correspondente ao ano 2025.

O Concello de Outes convoca un proceso selectivo, polo sistema de concurso–oposición, para a creación dunha bolsa de emprego para os postos de xefe/a de brigada, peón/peoa - condutor/a e peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios.

O Concello de Narón convoca proceso selectivo para cubrir unha praza de Traballador/a social correspondente ao grupo A, subgrupo A2 , polo sistema de oposición.

Oferta deportiva e educativa, con distintas modalidades: fútbol sala, baloncesto e surf. Para nenas e nenos 6º de Educación Infantil ou calquera curso de Educación Primaria.

El Ministerio de Sanidad convoca procesos selectivos, por concurso-oposición y por el sistema general de acceso libre, para acceso a plazas de las categorías de: Grupo Auxiliar de la Función Administrativa, Técnico/a Medio Sanitario en Cuidados Auxiliares de Enfermería, Celador/a, Peón/a y Pinche.

Desde el 14/05/2026 hasta el 14/05/2027
Con motivo da celebración do 30 aniversario da súa creación, a Fundación Luis Seoane presenta Seoane reencontrado, unha exposición que saca á luz un conxunto de 55 óleos da colección institucional que non se amosaban ao público desde fai máis dunha década, dos que 38 nunca foron expostos nas súas salas.

19/06/2026
A Escola Galega de Administración Pública convoca a xornada "Claves actuais do emprego público no marco da boa administración", co obxectivo de ofrecer unha visión integrada e renovada na interpretación e aplicación das institucións clásicas do emprego público.

01/06/2026
A Asociación veciñal Oza, Gaiteira, Os castros, acolle no Fórum Metropolitano acolle a proxeccion do documental "7291 ". Posteriormente haberá un debate.

Desde el 02/06/2026 hasta el 03/06/2026
No mes de xuño, no teatro Colón, estrease a cuarta edición de Sinerxias Artísticas, un proxecto que se está a consolidar como unha das experiencias educativas e creativas máis singulares do panorama educativo e artístico galego. Un espazo onde a aprendizaxe se transforma en creación e onde a colaboración entre centros, disciplinas e persoas se converte no verdadeiro motor da arte. O verdadeiro sentido desta proposta reside na convicción de que a aprendizaxe significativa xorde do encontro, do intercambio e da creación colectiva: só desde o traballo en equipo e a suma de miradas diversas é posible xerar novas formas de entender a arte e a educación.
resultados 226
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible