Espazo de Iniciativas Xuvenís da Concellaría de Participación e Innovación Democrática está diseñado para que a xuventude teña espazos axeitados en que desenvolver propostas, proxectos ou iniciativas desde e para as mozas e mozos cos recursos necesarios.
Na dinámica de funcionamento do EIX, ademais de proporcionar un espazo coordinado, dinamizado e controlado, preténdense ofrecer accións formativas, creativas, xuntanzas, posibilidade expositiva... así como reforzar sinerxias non só entre usuarios e usuarias do espazo, senón tamén con proxectos similares e con eventos para a xuventude no ámbito local.
O equipamento conta dúas salas de usos múltiples a modo de espazos comúns, abertos, dinámicos e polivalentes dotados con WI-FI e dous puntos de consulta en internet así como dun taboleiro de información xuvenil. Ademais, conta con mobiliario móbil e multiusos, proxector e pantalla, ... o que reforza a idea de espazo polivalente proporcionando cabida a unha tipoloxía variada de propostas.
PERSOAS DESTINATARIAS
O espazo está destinado principalmente á xuventude, entre 12 a 30 anos, a título individual ou en forma de colectivo non formal, asociación xuveníl, cultura... e entidades prestadoras de servizos á mocidade.
Desde el 04/05/2024 hasta el 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Desde el 02/05/2024 hasta el 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até 25 de xuño.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible