Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campamentos de verán en Galicia e noutras Comunidades Autónomas. Xunta de Galicia

A Consellería de Política Social e Xuventude oferta prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2024 que se desenvolverán en Galicia, País Vasco, Estremadura, Castela e León, A Rioxa, Madrid, Cantabria e Castela-A Mancha.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024

Duración:

Diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2024.

Prezo:

Entre 146,70 e 321,50 euros, según actividade. Descontos: 50% persoas pertencentes a familias que teñan o título de numerosa, familias monoparentais e familias acolledoras. As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25 %.

Requisitos:

  • Mocidade residente en Galicia entre 9 e 17 anos. As persoas nacidas no ano 2015 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2006 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar.
  • Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento. A praza adxudicada será intransferible. As persoas admitidas nun campamento non poderán solicitar praza noutros programas da Campaña de verán, agás que previamente se dean de baixa no campamento adxudicado.
  • As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase. En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. As persoas solicitantes con discapacidade deben optar polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.
  • As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.

Remuneración / Custo:

As persoas participantes nas actividades xuvenís disporán dos seguintes servizos:

  • Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Material necesario para o desenvolvemento da actividade xuvenil.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con discapacidade que por razón das súas necesidades especiais precisen apoio, disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • No caso de intercambios noutras comunidades autónomas, o transporte desde Santiago de Compostela, que será o punto de saída, ata o lugar de destino do intercambio, así como o retorno ata o mesmo punto de saída.

Páxina web:

https://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consellería de Política Social e Xuventude

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, planta 0. 15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 99 90 25 / 981 54 52 93 / 881 99 93 14 / 981 54 01 22

Xefatura Territorial da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Espazo Amizar, Gregorio Hernández, 2-4. 15011 A Coruña

Teléfonos: 881 88 12 38 / 881 88 12 39 / 881 88 12 40 / 881 88 12 41

Publicación: DOG 16/04/2024

Documentos:

Folleto Campamentos verán (5 MB)

SOLICITUDES: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderán presentarse de forma individual ou múltiple, para o suposto de irmáns/ás, ou menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar. Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que soliciten idéntica instalación, quenda e campamento, identificado co mesmo código. Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma solicitude deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións, quendas e campamentos solicitados.  

  • Procedemento xeral: 
    • Solicitude individual: código de procedemento BS303A
    • Solicitude múltiple: código de procedemento BS303F
  • Prazas reservadas para inclusión:
    • Solicitude individual: código de procedemento BS303G
    • Solicitude múltiple: código de procedemento BS303H

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión