Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Fondo solidario de libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2026/27
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 19/06/2026
por vía electrónica ou nos centros docentes.
Requisitos:
Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
A repartición entre o alumnado que participe dos libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e de todos os cursos de ESO que estean dispoñibles no fondo do centro efectuarase da seguinte maneira:
Por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
Terá preferencia para esta adxudicación con independencia da renda o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, e a continuación, o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e, a xuízo do centro docente, poida usar libros de texto do fondo.
Remuneración / Custo:
Contía das axudas para adquirir libros de texto:
Para o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP: Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que non utilice os libros de texto do fondo:
Matriculado en EP: - Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. - Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
Matriculado en ESO: - Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €. - Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.
Cando, ademais, teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %: 300 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, a contía das axudas será de 300 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
Contía da axuda para adquirir material escolar: Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €. O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 €, con independencia da renda.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible