Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de marzo e xuño de 2026.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Los días 27/03/2026, 05/06/2026

Inscripciones:

  • Convocatoria de marzo: do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de xuño: do 7 ao 17 de abril de 2026, ambos os dous incluídos.

Horario:

En sesións de mañá e tarde: de 9:00-13:15h e de 16:00-19:00h.

Precio:

 de balde.

Requisitos:

  • - Ser maior de 18 anos ou facer esa idade no ano 2026.
  • - Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  • - Non estar nin ter estado a cursar ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria nin de formación profesional básica no curso 2025-2026, agás as persoas matriculadas durante este curso na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:
    • . Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.
    • . Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Página web:

www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento territorial da Coruña. Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar

R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 - A Coruña

Tel.: 981 184 700 / 981 184 731

e-correo: educadultos@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 16/01/2026

CONTIDOS

Os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

  • Ámbito científico-tecnolóxico, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Física e Química, de Bioloxía e Xeoloxía, de Matemáticas, e de Tecnoloxía e Dixitalización.
  • Ámbito social, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Xeografía e Historia e de Educación en Valores Cívicos e Éticos.
  • Ámbito da comunicación, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Lingua Galega e Literatura, de Lingua Castelá e Literatura e de Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

PRAZO, FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE INSCRICIÓN

  • Convocatoria de marzo: do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos.
    • 20 de febreiro: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e o centro en que debe realizar a proba.
  • Convocatoria de xuño: do 7 ao 17 de abril de 2026, ambos os dous incluídos.
    • 30 de abril: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e o centro en que debe realizar a proba.

* As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/ (código de procedemento ED540A), dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Na Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º. 15011- A Coruña. Tel.: 881 960 901

LUGARES REALIZACIÓN PROBA

Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. A relación dos centros educativos que actúen como sedes de exame publicaranse xunto coa lista de persoas admitidas e excluídas.

DATAS DAS PROBAS

En sesións de mañá e tarde: de 9:00-13:15h e de 16:00-19:00h.

  • 27 de marzo de 2026
  • 5 de xuño de 2026

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión