Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Programa Conecta co Voluntariado en Galicia

A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa Conecta co Voluntariado en Galicia, dirixido á mocidade de orixe galega ou descendente de persoas emigrantes galegas que resida no exterior.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Verán 2026

Inscripciones:

Hasta el 04/05/2026

Requisitos:

  • Ter unha idade comprendida entre os 22 e os 30 anos o día 1 de xaneiro de 2026.
  • Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega residente no exterior.
  • Posuír a nacionalidade española.
  • Atoparse vinculada con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de tres meses.
  • Carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.

Remuneración / Coste:

O programa inclúe os traslados en avión das persoas participantes residentes no estranxeiro, os gastos de aloxamento e manutención e os derivados do desenvolvemento das actividades.

Página web:

https://emigracion.xunta.gal

Contacto:

Secretaría Xeral da Emigración

Praza de Mazarelos, 15. 15703 Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 545 882

Email: accion.social.emigracion@xunta.gal

Publicación: DOG 01/04/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR930C

Ofértanse 20 prazas para cada un dos campos de traballo seguintes:

  • Campo de voluntariado ambiental: desenvolveranse tarefas de adecuación do espazo ambiental mariño e costeiro na ría de Arousa (provincia de Pontevedra):
    • Datas: entre os días 23 de xullo ao 3 de agosto.
    • Aloxamento: no Albergue Xuvenil das Sinas (tendas de campaña), no concello de Vilanova de Arousa, en réxime de pensión completa.
  • Campo de voluntariado cultural: desenvolveranse tarefas de apoio ao equipo de escavación e mantemento do castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei (provincia de Lugo):
    • Datas: entre os días 26 de agosto ao 6 de setembro. 
    • Aloxamento: no Hotel Río Lea (habitacións dobres), no concello de Castro de Rei, en réxime de pensión completa.

Destinaranse varios días completos e unha parte das xornadas a actividades complementarias, entre as que se incluirán percorridos e visitas a lugares de Galicia de especial relevancia histórica, patrimonial, ambiental e natural, diversos encontros en empresas e entidades públicas educativas e unha xornada conxunta na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela. Tamén haberá momentos de tempo libre e veladas e outras accións de animación que favorezan a integración e a amizade entre as mozas e os mozos dos distintos lugares de procedencia e o intercambio cultural.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión