11 resultados

Dende o 13/06/2026 ata o 20/06/2026
A Asociación Potem100mos organiza unha nova edición do Festival das Artes Inclusivas "DiversidArte", un festival cultural pola diversidade e a inclusión.

Dende o 06/06/2026 ata o 28/06/2026
A Asociación Veciñal Agra organiza unha nova edición de Foliagra, as festas do barrio do Agra do Orzán, co obxetivo de promover a música e o baile galego a través de concertos, ruadas, cantos de taberna e actividades para os máis pequenos e pequenas.

18/06/2026
O grupo de traballo Pensamento e ensaio da Real Academia Galega dedicará a Ruth Matilda Anderson o seu cuarto encontro anual. A cita centrarase na ollada nas mulleres da conservadora da Hispanic Society of America, autora de Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña (1939), un dos máis exhaustivos ensaios sobre a Galicia de hai un século.

Dende o 11/06/2026 ata o 30/06/2026
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de xuño. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

Dende o 05/06/2026 ata o 28/06/2026
Presentamos as actividades de xuño para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.

Dende o 04/06/2026 ata o 14/06/2026
O Festival Mar de Mares volve un ano máis á Coruña para sensibilizar sobre o coidado do mar e a costa desde unha perspectiva educativa, lúdica e social. Con máis de 20 actividades programadas, a cidadanía poderá gozar gratuitamente de exposicións, proxeccións, encontros, etc., sen esquecer a xornada de limpeza de fondos mariños e o famoso Mercado Mar de Mares. O lema da décimo terceira edición baixo o lema "Cultura que nace do océano".

Dende o 15/05/2026 ata o 21/07/2026
As Bibliotecas Municipais organizan unha serie de charlas e actividades para todos os públicos, moitas delas en colaboración coa Agrupación Astronómica Io, sobre o extraordinario fenómeno da eclipse total de sol prevista para o 12 de agosto de 2026, grazas ao que poderemos saber todo sobre a eclipse antes de que aconteza.

Recollida de propostas: 25 de maio - 19 de xuño de 2026.
Votación final: 17 de xullo - 31 de agosto de 2026.
O Concello da Coruña pon en marcha os Orzamentos participativos 2026. Nesta primeira fase de recollida de propostas podes propoñer as túas ideas e proxectos de investimento para a cidade e para os seus barrios. Decide en que investir 2,6 millóns de euros do orzamento municipal do 2026.

Dende o 12/06/2026 ata o 14/06/2026
O Mercado de San Agustin acolle de novo o "Mercado das Nubes" na súa edición de verán, un espazo no que se reunirán marcas emerxentes locais, artistas, produtoras/es e artesáns/ás no que atopar produtos diferentes e singulares, gozar da gastronomía e da música en directo, paticipar en obradoiros infantís e actividades para toda a familia.

Dende o 24/04/2026 ata o 18/07/2026
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña, que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade a través do PNSD. Ofrece unha serie de actividades de balde para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificardes as vosas fins de semana.
resultados 11
Dende o 15/06/2026 ata o 30/06/2026
até as 13:00h.
Dende o 15/06/2026 ata o 30/06/2026
até as 13:00h.
Dende o 15/06/2026 ata o 30/06/2026
até as 13.00h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible