Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Actividades socioculturais nos centros cívicos municipais: setembro 2026
Publicada a nova convocatoria de obradoiros e actividades socioculturais que se realizarán de setembro a decembro de 2026 nos centros cívicos municipais, con oferta específica para público infantil, xuvenil, interxeracional e para persoas maiores.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 01/09/2026 ata o 03/09/2026
Prezo:
7€ | 11€ dependendo do número de horas.
Apoio escolar, cultura xeral e alfabetización, terán carácter gratuíto.
Requisitos:
Cumprir a idade requerida para cada actividade. Sempre que non se especifique outro tramo de idade, a clasificación será:
- Infancia: de 4 a 12 anos
- Mocidade: de 13 a 17 anos
- Interxeracional: a partir de 18 anos
- Maiores: a partir de 65 anos
Cada persoa poderá solicitar un máximo de 3 actividades por centro cívico e por orde de preferencia.
Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.
para as actividades:preferentemente en liñano formulario de preinscrición dispoñible en www.coruna.gal/servizossociais. Só as persoas que non teñan acceso a Internet poderán realizar a preinscrición por teléfono no 857 890 628 (en horario de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h.)
Publicación das listas de preinscricións nas actividades: 7 de setembro, nos centros cívicos, no teléfono de información cidadá 010 e en www.coruna.gal/servizossociais.
Reclamacións das listas de preinscricións: 8 de setembro a través do teléfono 857 890 628 de 11.00 a 13.30 h e de 16.00 a 18.00 h.
Sorteo público: 10 de setembro.
Publicación das listas de admisión e de agarda: 21 de setembro, nos centros cívicos, no teléfono de información cidadá 010 e en www.coruna.gal/servizossociais.
Inscrición: do 22 ao 24 de setembro
para actividades de pago: inscrición e pago da taxa correspondente preferentemente en liña a través da pasarela de pago dispoñible en www.coruna.gal/servizossociais. Se o pago se realiza presencialmente, imprimir a carta de pago e presentala na entidade bancaria ou realizar o pago a través de caixeiro.
para actividades gratuítas: inscrición e confirmación da praza no centro cívico correspondente (presencialmente ou por teléfono).
Data de inicio e fin de actividades: a partir do 28 de setembro, até o 12 de decembro de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible