36 resultados

Ata o 10/09/2026
O Concello da Coruña a través do Servizo de Medio Ambiente pon en marcha o programa "Composteiros domésticos Coruña 2026" dirixido a persoas, centros educativos e entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de espazos verdes nos que compostar e transformar os residuos orgánicos xerados nun fertilizante para plantas.

Ata o 30/10/2026
A Consellería de Política Social e Igualdade convoca axudas económicas destinadas a proporcionar apoio ás mulleres vítimas de violencias sexuais, co obxectivo de contribuír á súa autonomía económica e recuperación.

Ata o 14/09/2026
O Instituto de Turismo de España convoca bolsas para a realización de actividades ou prácticas formativas na rede de Consellerías de Turismo no exterior dependentes do Instituto ou nos servizos centrais do mesmo.

Ata o 31/10/2026
A Universidade da Coruña convoca o programa "Abriga UDC", bolsas de apoio ao estudantado matriculado ou que dexese matricularse na UDC e que, estando en posición do status de persoa refuxiada ou de solicitude de asilo ou que proveña de áreas xeográficas en conflito, ou países que sexan receptores de Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD), precise axudas para a continuidade ou o inicio de estudos.

Ata o 28/08/2026
ata 12.00 h.
Educations.com ofrece bolsas para mulleres estudantes internacionais que comecen os seus estudos de grao, posgrao ou doutoramento no estranxeiro no semestre de outono de 2026 ou no semestre de primavera de 2027.

Ata o 05/10/2026
O servizo de Mocidade do Concello de Irun, GazteARTEan, presenta a oitava edición da Bolsa GazteARTEan, unha iniciativa que ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento dun proxecto de investigación-acción que teña como temática central a infancia, a adolescencia e/ou a mocidade, ademais de impulsar e estimular o traballo investigador entre a cidadanía nova menor de 35 anos.

Ata o 13/10/2026
A Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa finalidade de valorar e apoiar o traballo realizado do estudantado que se incorpora a esta institución dende os estudos de ensino secundario, estableceu estas axudas para as persoas matriculadas clasificadas nas Olimpíadas de Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Economía, Informática, Xeografía, Estatística e Filosofía.

Dende o 22/06/2026 ata o 15/09/2026
A Universidade de Vigo convoca axudas para estadías en entidades vinculadas ao “Programa Colmea de Ideas" para o desenvolvemento de TFG e TFM no curso 2026/2027.

Ata o 06/10/2026
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Secretaría Xeral de Universidades, convoca axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2026/27.

Ata o 10/09/2026
A Universidade de Vigo convoca 27 bolsas de formación complementaria en unidades e áreas da propia universidade para fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.
resultados 36
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible