Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Grao en Fisioterapia (A Coruña)

Nivel de estudos
Ensinanzas universitarias de Grao oficiais (GRAOS oficiaiss)
Información xeral

 

Ofertado por: Universidade da Coruña

Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde

Requisitos
  • Bacharelato e superación das PAAU
  • Titulados de Ciclos Formativos de Grao Superior
  • Títulados Técnicos Superiores de Ciclos de Artes
  • Probas de acceso á Universidade para maiores de 25
  • Probas de acceso á Universidade para maiores de 45
Perfil profesional

Ámbito: Os/as graduados/as en Fisioterapia obteñen un profundo coñecemento sobre como traballar o corpo, os seus movementos, as súas funcións e aprenden a promover a boa saúde dos/as pacientes por medio dun conxunto de métodos, actuacións e técnicas que, mediante a aplicación de axentes físicos, cura, prevén, recupera e adapta persoas afectadas de disfuncións somáticas e orgánicas ou que desexen manterse nun nivel adecuado de saúde. A fisioterapia aplícase a enfermidades dos aparatos locomotor, nervioso, respiratorio, cardiovascular, dixestivo e urinario, así como en xinecoloxía e obstetricia. Inclúe a execución de probas eléctricas e manuais para determinar o valor da afectación da innervación e da forza muscular, para avaliar as capacidades funcionais e a amplitude do movemento articular, as medidas da capacidade vital e as axudas diagnósticas para o control da evolución.

Sectores: Tanto no sector público como no privado: hospitais e clínicas, clubs deportivos e ximnasios, centros de rehabilitación e ambulatorios, balnearios, servizos sanitarios en empresas (mutuas e aseguradoras), consultas privadas, consultas compartidas con outros profesionais, asistencia a domicilio, centros de secundaria e escolas universitarias, residencias de anciáns, centros de educación especial.

Profesións para as que capacita: Rehabilitación de persoas con problemas de nacemento, enfermidade ou por accidente, tratamento de deportistas, masaxista deportivo, recuperación de todas as áreas de traumatoloxía, postraumatoloxía, planificar, restablecer e aplicar os exercicios que necesita realizar cada doente co fin de recuperar a súa mobilidade, prevención ao ensinar como non lesionármonos ao realizar un traballo, deporte, etc., docencia.

Plano de estudos

Distribución de ETCS por tipo de materia:

Tipo de Materia

Formación básica

Obrigatorias

Optativas

Prácticas externas

Traballo fin de grao

Total

Créditos ECTS

60

120

12

 

6

240

*Os créditos das materias optativas cúrsanse en terceiro e cuarto

Plano de Estudos

PRIMEIRO CURSO

Tipo de Materia

Materia

Créditos

Formación básica

Anatomía I e Histoloxía

6

Formación básica

Biofísica e Bioquímica

6

Formación básica

Anatomía II

6

Obrigatoria

Cinesioterapia Xeral

6

Formación básica

Fisioloxía

9

Obrigatoria

Marco Teórico da Fisioterapia e Rehabilitación Física

9

Obrigatoria

Valoración Funcional e Psicosocial

9

Obrigatoria

Fisioterapia Xeral

9

SEGUNDO CURSO

Tipo de Materia

Materia

Créditos

Formación básica

Biomecánica

6

Formación básica

Semioloxía Clínica

6

Obrigatoria

Cinesioterapia: Bases do Exercicio Terapéutico

6

Obrigatoria

Fisioterapia Manual e Oesteopática I

6

Formación básica

Patoloxía Médico-Cirúrxica I

6

Obrigatoria

Fisioterapia Respiratoria

6

Obrigatoria

Fisioterapia nas Alteracións Estáticas e Dinámicas da Raque

6

Formación básica

Psicoloxía

9

Obrigatoria

Fisioterapia Neurolóxica e Psicomotriz

9

TERCEIRO CURSO

Tipo de Materia

Materia

Créditos

Formación básica

Patoloxía Médico-Cirúrxica II

6

Obrigatoria

Fisioterapia Manual e Oesteopática II

6

Obrigatoria

Rehabilitación Cardio-Respiratoria e Vascular

6

Obrigatoria

Fisioterapia en Discapacidades Neurolóxicas e do Envellecemento

6

Obrigatoria

Fisioterapia Abdomino-Pelvi-Perineal

6

Obrigatoria

Fisioterapia Oncolóxica e das Disfuncións Bioquímicas e Tegumentarias

6

Obrigatoria

Fisioterapia nas Disfuncións do Aparato Locomotor

6

Obrigatoria

Estadías Clínicas I

12

Optativa

Fisioterapia da Actividade Física e Deportiva

6

Optativa

Nutrición e Rehabilitación Física

6

Optativa

Inglés

6

CUARTO CURSO

Tipo de Materia

Materia

Créditos

Obrigatoria

Documentación e Estatística Sanitaria

6

Obrigatoria

Lexislación e Administración Sanitaria

6

Obrigatoria

Fisioterapia Comunitaria e Saúde Pública

6

Obrigatoria

Traballo Fin de Grao

6

Obrigatoria

Estadías Clínicas II

30

Optativa

Fisioterapia Estética Plástica e Reparadora

6

Optativa

Ecografía en Rehabilitación Física

6

Optativa

Fisioterapia nas Afeccións Podolóxicas

6

Máis información
Normativa Legal
Memoria do Grao en Fisioterapia
Entidades relacionadas

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión