Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

O TEU Faro de Oza

Enderezo:

Lugar Praia de Oza 1. 15006 A Coruña

Teléfono:

981 184 200 / 010

Páxina web:

http://www.coruna.gal/participacion/es/teus-espacios-abiertos/teu-faro-de-oza

Horario:

Podes solicitar o uso do espazo que mellor se adapte ás túas necesidades de luns a vernes, de 09:00 a 17:00 horas. Durante o mes de xullo, de luns a venres, poderás usar estes locais en horario de tarde (de 14:00 a 22:00 h). Os sábados, domingos, festivos, e durante todo o mes de agosto, podes facer a solicitude para un día completo, de 09:00 a 22:00 h, e ata un máximo de dous días consecutivos.

Os espazos TEU son unha rede de espazos abertos que o Concello da Coruña pon a disposición da cidadanía para o seu uso público, aberto e múltiple, e os de Ribeira Sacra son o segundo e o terceiro espazos en formar parte deste novo modelo de uso.

No TEU Faro de Oza terás acceso a dúas salas de 40 e 30m2, comunicadas por un vestíbulo, equipadas con catro mesas de 140x70cm, 40 cadeiras amoreables, un taboleiro de cortiza, un percheiro, dous radiadores eléctricos, un armario con utensilios e produtos de limpeza e unha caixa de primeiros auxilios. No recinto pode haber como máximo 50 persoas.

Quen os pode solicitar?

  • Se es unha persoa maior de idade, estás empadroado/a na Coruña e precisas un lugar onde poder realizar unha reunión, celebración familiar, charla, xuntanza de traballo, actividade de formación ou calquera outra social ou cultural, para ti ou en representación dunha asociación, entidade ou colectivo informal, podes solicitar o uso puntual dos TEUs Ribeira Sacra de Novo Mesoiro.
  • A autorización de uso é gratuíta.

Como se fai a solicitude?

  • Só tes que solicitalo por rexistro, como mínimo 15 días naturais antes da data desexada e como máximo, dentro do mes en curso e os dous meses posteriores.
  • As autorizacións outorgaranse por estrita orde de entrada no rexistro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión