A Rede Municipal de Información Xuvenil celebrará o Día Europeo da Información Xuvenil cun stand no Espazo Xuvenil do Remanso que estará aberto de 11 h. 14 h. e de 17 h. a 20 h.
Para público en xeral
17/04/2024
Xa rematou
Rede Municipal de Información Xuvenil
Espazo de información xuvenil - Fórum Metropolitano. Tel. 981 184 294
Espazo de información xuvenil - Naves do Metrosidero. Tel: 606 362 366 ou 981 184 200 ext 88038. Avda. do Metrosidero, s/n, Nave 03.
Espazo de información xuvenil - Centro Ágora. Tel. 981 189 888 (ext. 34324// 34325)
Horario: de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. sábados de 10 a 14 h.
Telegram //Whatsapp: 606 362 366.
Correo-e: cmix@coruna.gal Web: www.coruna.gal/informacionxuvenil
Cada 17 de abril, as persoas mozas e os servizos de información xuvenil de toda Europa celebran o Día Europeo da Información Xuvenil (EYID). Esta xornada, que foi declarada en 1983 pola Axencia Europea de Información e Asesoramento Xuvenil (Eryica) e o Instituto Español da Xuventude (Injuve), é unha oportunidade para recoñecer o traballo dos servizos de información xuvenil.
No ano 2024, a campaña #EYID24 céntrase na democracia e a importancia de que as persoas mozas comprendan o seu rol esencial na toma de decisións colectivas.
O 17 de abril a Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, composta de 3 espazos de información xuvenil no Centro Ágora, Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero e Fórum Metropolitano, sumarase a esta iniciativa coa posta en marcha dun stand informativo no exterior do Espazo Xuvenil do Remanso.
Neste stand, que estará dispoñible en horario de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., poñerase a disposición da mocidade da nosa cidade, información sobre as diferentes asesorías e programas que se ofrecen desde a Rede Municipal de Información Xuvenil, así como dos espazos e recursos que o Concello da Coruña pon a disposición da xuventude.
Ademais, en relación coa temática relacionada coa celebración deste ano, invitarase ás persoas mozas a participar respondendo aos Quizz que permitirán evaluar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da información, e ademais poderán obter material de merchandising de diferentes espazos municipais vinculados a temáticas de interese xuvenil.
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible