Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

I Premio de Poesía ACOUGA- Casa dos poetas

A Fundación Curros Enríquez convoca o I premio de poesía ACOUGA- Casa dos poetas co fin de reforzar o coñecemento de figuras tan destacadas da literatura galega como Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Luis Méndez Ferrín.

A quen vai dirixido?:

Poderán optar ao premio todos os autores e autoras maiores de idade de claquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega. 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/03/2024

Requisitos:

Os traballos teñen que ser cunha extensión mínima de 300 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado. Os autores responsabilizaranse de comunicarlle á organización, dun xeito inmediato, a concesión de calquera outro premio ao traballo presentado para poder ser retirado do concurso antes do día do fallo.

De cada traballo teñen que presentarse 3 copias en papel A4, mecanografadas a dobre espazo, numeradas e grampadas ou encadernadas. Estas deberán vir identificadas con título e/ou lema. As obras presentaranse en sobre pechado, coa indicación "I Premio de Poesía Acouga Casa dos Poetas", no seguinte enderezo:

  • Fundación Curros Enríquez.
  • Rúa Curros Enríquez,37
  • 32800 Celanova (Ourense)

No interior do sobre, ademais dos traballos, achegarase outro sobre pechado, identificando tamén o título e/ou lema coa seguinte información:

  • Título do trabalo, nme do/a autor/a e DNI ou pasaporte.
  • Enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
  • Declaración xurada na que se manifeste que o traballo presentado é orixinal, inédito e non premiado con anterioridade en ningún concurso ou certame. 
  • O selo que certifique a data de envío deberá ser visible.

Remuneración / Dotación:

Fíxase un premio único que consistirá en dúas viaxes, totalmente pagadas á Riveira Maya. O xurado pode declarar deserto o premio e conceder ata dous accésit, que consistirán en dúas noites en réxime de aloxamento e almorzo no Hotel Acouga Boutique. 

Páxina web:

http://www.currosenriquez.es/2023/09/30/i-premio-de-poesia-acouga-casa-dos-poetas/

Contacto:

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión