Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional no curso 2023-2024.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024

ata as 13:00 h.

Requisitos:

  • Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente, para ciclos medios, título de formación profesional básica, título da ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
    • - Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
    • - Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico
  • Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
  • Non estar en posesión dun título de FP declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

  • - sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
  • - ata un máximo de 3 módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas que superasen o módulo de FCT, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios de setembro-decembro e de xaneiro-marzo do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.

Se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de 2 anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Páxina web:

www.edu.xunta.es/fp

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Departamento Territorial da Coruña: Edif. Adm. de Monelos, 9º andar. Rúa Vicente Ferrer, 2 (15008 - A Coruña) 

Tel. 981 184 701

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Como novidade, nesta convocatoria de probas libres ofértanse por primeira vez os títulos LOXSE, polo que se amplía a oferta coas tres titulacións derivadas da LOXSE que non foron transformadas en títulos LOE:

  • Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.
  • Ciclo superior de Dietética.
  • Ciclo superior de Prevención de Riscos profesionais.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: as solicitudes de inscrición poderanse realizar a través de calquera dos seguintes medios:  

a) Empregando o anexo I e presentalo, xunto coa documentación requerida, na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

b) A través do asistente web: este avisará se é necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico, e ao finalizar o proceso obterase un resgardo de entrega da solicitude. En caso de non achegar a documentación en formato electrónico será imprescindible acudir a un centro educativo coa solicitude e a documentación e solicitar o resgado da entrega. (ver: Instrucións  para realizar solicitude web)

PRAZO: do 17 ao 30 de abril de 2024 até as 13:00 h.

  • Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio
  • Reclamación contra a listaxe: do 6 ao 8 de maio ata as 13:00 h
  • Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio.
  • Listaxe de persoas adxudicadas: 17 de maio.
  • Matriculación: 14 ao 21 de maio até as 13:00 h.
  • Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio até as 13:00 h.

OFERTA DE PRAZAS: relación de prazas obxecto desta convocatoria

MÁIS INFORMACIÓN: nos C.I.F.P. e nos I.E.S. onde se oferten probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE-LOXSE)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión